Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ort.
Liña 53:
Nunha '''segunda fase''' dividiuse a aula en tres naves mediante dúas arcadas feitas con arcos de medio punto de ladrillo; desta división, hoxe só se conservan as ménsulas que sostiñan aqueles arcos. As columnas destas arcadas obrigaron a cega-la piscina ou, máis probablemente, a reduci-las súas dimensións ás actuais. Desta época sería o friso de mármore nas paredes, o revocado da bóveda e as pinturas que cubrían esta, así como modificacións na fachada, entre elas a construción do arco de ferradura no acceso leste.
 
Hoxe consérvanse tres destas [[Columna (arquitectura)|columna]]s, de [[mármore]] e moi erosionadas, cuxa colocación actual non corresponde, probablemente, coa orixinal. De feito, as fotografías que se mencionaron antes, feitas durante os primeiros traballos de desentullo, mostran dúas destas columnas nos niveis máis altos doda acúmuloacumulación de material de recheo.
 
A '''terceira fase''' consistiría na construción da segunda planta, tamén con bóveda de canón e feita de ladrillo <ref>Ladrillos romanos reutilizados.</ref>. Probablemente, esta segunda planta abríase ó exterior polo lado oeste -situado ó nivel do terreo- e descoñécese se comunicaba coa nave inferior ou non.