Diferenzas entre revisións de «Abjad»

m
lg
m (r2.7.2+) (Bot: Modifico: kk:Абджәд)
m (lg)
Tense suxerido que a palabra 'Abjad' pode ter raíces máis antigas en [[lingua fenicia|fenicio]] ou [[lingua ugarítica|ugarítico]].
 
Abxades "impuros" (como o arábico) poden ter caracteres tamén para algunhas vogais, ou diacríticos vocálicos opcionais, ou os dous; non obstante, o creador do termo, [[Peter T. Daniels]], insiste en que so se debería aplicar a escritas[[escrita]]s carentes de todo signo vocálico, excluíndo deste xeito ao [[alfabeto árabe|árabe]], [[alfabeto hebreo|hebreo]] e [[alfabeto siríaco|siríaco]]. Todos os abjads coñecidos pertencen á familia semítica de escrituras, e derivan do Abjad lineal setentrional orixinario. A razón disto é que as [[linguas semíticas]] teñen unha estrutura morfémica que fai redundante ou en todo caso innecesaria a notación de vogais.
 
Moitas escrituras derivadas dos abxades fóronse ampliando con símbolos vocálicos para chegar a ser [[alfabeto]]s plenos. Isto pasou sobre todo cando a escritura se adaptou a unha lingua non semítica, sendo o caso máis famoso a derivación do [[alfabeto grego]] a partir do ''abjad'' fenicio. outras veces, os signos vocálicos aparecen en forma de pequenos puntos ou anzois en relación coas letras consonánticas, producindo un [[abugida]] como no caso do sistema de escritura [[alfabeto amhárico|amhárico]].
13.575

edicións