Reino de Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 22:
A principios de era cristiá, os territorios dos [[vascóns]] estaban poboados fundamentalmente por tres pobos diferentes: Os [[várdulos]], os [[caristios]] e os [[autrigóns]]. Algúns autores, como o lingüista [[Koldo Mitxelena]], consideran que ditos pobos falaban unha lingua antepasada do vasco actual.
 
Pola contra, outros historiadores e filólogos como [[Claudio Sánchez Albornoz]] ou [[Jürgen Untermann]], consideran que a depresión vasca (os antigos ''saltus'' e ''ager vasconum'') foi colonizada tardiamente nos séculos V e VI por xentes procedentes de [[Aquitania]]. Neste sentido, resaltouse o feito de que tanto o ''ager'' como o ''saltus vasconum'' estaban profundamente romanizados, e preservouse ata os nosos días toponimia indoeuropea non vasca (Deva, Durango), nas actuais provincias vascas. A xa citada expansión do ''euskara'' na Idade Media, así como a inexistencia de epigrafía protovasca fóra do territorio aquitano, parecerían ser argumentos de peso en tal sentido (como dato curioso, as únicas cecas atopadas en Navarra, as de [[Barscunes]], están acuñadas en [[ibérico|lingua ibérica]]). Aínda que no xacementoasentamento de [[Iruña-Veleia]] se chegaron a atopar supostas inscricións en lingua vasca, o certo é que estas terían sido relativamente tardías, dos séculos III a V, e segundo algúns autores non invalidarían a tese da vasconización tardía da depresión vasca, senón que simplemente adiantaríano dúasdous ou tres séculos máis atrás.
[[Ficheiro:Cellorigo.La.Rioja.España.jpg|250px|miniatura|dereita|Vista de [[Cellorigo]] na [[A Rioxa - La Rioja|Rioxa]], onde se atopaba a fortaleza inexpugnable do conde de Álava, [[Ver Jiménez]].]]
 
En calquera caso, o certo é que parece que a lingua vasca nunca excedeu o límite do río Nervión nos séculos VIII e IX. Nese momento, os vascóns dos territorios máis occidentais, caeron na órbita de poder dos [[reis de Galicia|reis de Oviedo]] durante os reinados dos reis [[Afonso I o Católico|Afonso I]] e [[Froila I]]. O segundo casou cunha alavesa, Munia, que lle daría un fillo, o futuro rei [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]]. Durante o reinado de Mauregato, o novanovo príncipe Afonso houbo de refuxiarse cos seus parentes maternos na zona de Álava ata que ao fin, tras a morte de [[Vermudo I]], puido acceder definitivamente ao trono ovetense.
 
A constitución do '''Condado de Álava''' remóntase á rebelión do conde Eglyón contra o rei [[Afonso III o Magno|Afonso III]]. Tras sufocar a rebelión, o monarca nomeou a un nobre leal á súa causa, [[Vea Jiménez]], como conde de Álava. Tivo este magnate unha importancia fundamental na repoboación e a fortificación de Castela, especialmente na defensa de [[Cellorigo]] no ano 882 contra as tropas de Almundir de Córdoba. O Condado de Álava estendíase por todos os territorios da provincia homónima. Iso é o que se deduce da seguinte pasaxe da Crónica de Afonso III: ''"Alabanque, Biscai, Alaone et Urdunia, a suis reperitur senper esse possessas, sicut Pampilonia, Degius est atque Berroza"'' con excepción da Terra de Ayala, que non se integrou no territorio ata o século XV, e moi posiblemente do val de Aramayona. Doutra banda, incluía os territorios fronteirizos das actuais provincias de Burgos e a Rioxa. Este condado subsistiu como entidade independente ata a morte de [[Álvaro Herrameliz]], tras a cal, Álava pasou a formar parte dos dominios de Fernán González.