Gramaticalidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto
m lg
Liña 3:
A '''gramaticalidade''' é o xuízo que cada [[falante]] dunha [[lingua]] pode facer sobre un [[enunciado]] emitido nesa lingua.
 
Un falante dunha lingua pode dicir que unha oración feita con palabras da súa lingua está ben formada con relación ás regras da [[gramática]] que el ten en común cos demais individuos que pertencen á súa [[comunidade de fala]]. Esa capacidade pertence á [[competencia (lingüística)|competencia]] dos falantes e non depende nin do seu nivel cultural nin do seu grupo social. Así, ''Vai na Coruña'' é unha ''frase gramatical'', encanto que *''Coruña na vai'' é unha ''frase agramatical'', e isto indícase na [[escrita]] co [[asterisco]] que a precede. Se hai diferenzas de opinión sobre a gramaticalidade dunha frase entre dous falantes, é que as súas competencias son variantes do mesmo sistema.
 
Os xuízos de gramaticalidade non se fan exclusivamente por rexeitamentos ou aceptacións; existen ''graos de gramaticalidade'' que poden ser avaliados pola natureza da regra gramatical violada. Así, a frase ?''A cousa a min clara paréceme'' é unha frase diverxente, gramaticalmente dubidosa, o que se marca na escrita co punto de interrogación, pois a súa estrutura non está enteiramente conforme ás regras da gramática.