Lingua hindi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Breve resumo de Sintaxe: Atributo (sintaxe)
Liña 20:
O hindi é o segundo idioma máis falado no mundo, despois do [[mandarín]]. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi como primeira lingua e o número total de persoas que o entenden pode superar os 800 millóns.
 
Por razóns de rivalidade político-relixiosa entre a India e [[Pakistán]], vense considerando como un idioma diferente do [[lingua urdú|urdú]] (que é o idioma oficial de Pakistán). Mais na súa forma coloquial ambos os dous son mutuamente intelixíbeis, sendo desde un punto de vista lingüístico variedades dun mesmo idioma. As súas diferencias redúcense basicamente ao [[sistema de escrita]], que no caso do hindi usa o alfabeto [[devanagari]], mentres o urdú emprega o [[alfabeto árabe]]. Ambos e dous idiomas tamén se diferencian na súa terminoloxía culta, que no hindi se colle xeralmente do [[sánscrito]] (xa que os indios que o falan son na súa maioría [[hinduísmo|hindús]]), mentres que en urdú os cultismos son principalmente de orixe [[lingua persa|persa]]-[[lingua árabe|árabe]] (pois a maior parte dos usuarios son [[Islam|musulmanos]]).
 
Antes da [[partición da India]], entre a India e Pakistán, en [[1948]], o hindi e o urdú falados eran considerados o mesmo idioma, ou [[hindi-urdú]]. Desde a partición, o "hindi padrón" desenvolveuse reemprazando as palabras de orixe árabe e persa por vocábulos do sánscrito.