Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 210:
=== Os sistemas de escrita ===
 
Os hititas non tiñan [[escrita]] cando chegaron a Anatolia. Adoptaron naturalmente o [[Sistema de escrita|sistema]] usado localmente, a [[escrita cuneiforme]], que adaptaron á súa lingua. En efecto, a escritura cuneiforme, creada inicialmente para a transcrición do [[lingua sumeria|sumerio]], lingua aglutinante, fora adaptado á transcrición das [[lingua semítica|linguas semíticas]], pero non acaía ben á escritura dunha [[lingua indoeuropea]]. Sen embargo, a escrita cuneiforme utilizouse bastante tardiamente, probabelmente tras as expedicións a Mesopotamia, pois o [[silabario]] empregado é diferente do utilizado anteriormente nas colonias asirias e máis próximo ao empregado en [[Babilonia]].
 
Ao lado da escrita cuneiforme, os hititas utilizaron, principalmente para as inscricións monumentais, unha [[xeróglifo|escrita xeroglífica]]. Os símbolos desta escritura son chamados impropiamente ''[[escritura xeroglífica hitita]]'', pois so en raras ocasións transcriben a lingua hitita: a meirande parte das inscricións monumentais son, en efecto, inscricións en [[lingua luvita|luvita]].
 
Durante os milenios III, II e I, o [[pergamiño]] era raro e caro, como a [[vitela]]. O sistema de notación da época era unha taboíña, que se presentaba baixo a forma dunha caixiña chea de barro fresco e humidificado por unha esponxa pousada na superficie. Coa axuda dunha pequena ferramenta, do tipo dun [[Estilo (escritura)|estilo]] en metal ou unha pluma de cana tallada, o [[cálamo]], inscribíase sobre a superficie da taboíña o que se quixese anotar, e podíase conservar cocéndoa no forno. Os signos cuneiformes trazábanse apoiando verticalmente o estilo sobre a superficie da taboíña, e logo arrastrándoo para formar o trazo.
 
=== Os textos ===