Lingua newari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m lg
Liña 1:
O '''newari''' ou '''Nepal bhasa''' (नेपाल भाषा, tamén coñecido como ''newah bhaye'') é unha das linguas máis importantes do [[Nepal]]. É unha das case cincocentas [[linguas sino-tibetanas]] existentes actualmente, e pertence ao ramo [[Linguas tibeto-birmanesas|tibeto-birmanés]] desta [[Familia lingüística|familia]]. É a única lingua tibetano-birmanesa a ser escrita no [[Sistema de escrita|sistema]] [[devanāgarī]]. Conta aproximadamente cun millón de falantes no [[Nepal]], na [[India]] e no [[Bután]].
 
== [[Sistema de escrita]] ==
Ao longo do tempo, o bhasa ten sido escrito de moitas formas. Os sistemas principais son o ''ranxana'', o ''prachalit'', o ''brahmi'' e o ''golmol'', usados máis frecuentemente. Todos os sistemas son escritos da esquerda para a dereita, e consisten de dous conxuntos separados de letras: un de [[Vogal|vogais]] e outro de [[consoante]]s. O ''brahmi'' é o sistema máis antigo, e todos os outros derivan del.
 
O [[devanāgarī]] é o sistema máis empregado no presente, unha vez que é o sistema oficial do Nepal, ben como na veciña [[India]]. O sistema ''ranxana'' foi o máis usado en tempos antigos, e hoxe está experimentando unha especie de renacemento, debido á maior consciencia cultural. O sistema ''prachalit'', sendo semellante ao debanagari, tamén é usado. Actualmente os sistemas ''brahmi'' e ''golmol'' raramente son usados.
 
== Dialectos e influencia ==