Lingua coreana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m lg
Liña 20:
}}A '''lingua coreana''' fálase principalmente na [[Corea]], sendo o idioma oficial da [[Corea do Norte]] e da [[Corea do Sur]]. Ademais de nas dúas Coreas, o coreano tamén se utiliza na rexión autónoma de [[Yanbian]] (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang en [[China]]. Estímase que existen arredor duns 80 millóns de persoas que falan coreano no mundo.
 
O [[sistema de escrita]] coreano chámase de [[hangul]], que é un [[alfabeto]] fonético e o [[hanja]], constituído por caracteres [[alfabeto chinés|sino]]-coreanos.
 
O alfabeto coreano constitúese de palabras silabarias. O hangul é un alfabeto inventado na dinastía do [[Rei Sejong]] no [[1214]], que encomendou o alfabeto a universitarios, pois ata entón na Corea só se usaba o [[hanja]] (caracteres chineses). Este alfabeto rexeitouse nun comezo ao achar máis sofisticado usar os caracteres chineses e só se popularizou no comezo do [[século XX]], coa chegada da educación en masa na Corea. O hangul ao contrario dos kanas xaponeses ([[hiragana]] e [[katakana]]) componse verdadeiramente de consoantes e vogais, formando un alfabeto de feito.