Dígrafo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: arranxiños
m lg
Liña 1:
En [[lingüística]], un '''dígrafo''' ou '''digrama''' é a unión de dous [[grafema]]s (dúas letras nos [[alfabeto]]s) que representan un [[fonema]] único e que se converte nun novo grafema (un '''[[trigrama]]''' para tres grafemas, etc., así en [[Lingua francesa|francés]] a secuencia ''eau'' representa o sonido /o/). Por exemplo, na palabra ''chan'', o digrama ''ch'' representa o fonema /tʃ/. Pódese dicir que esta palabra contén catro letras e tres grafemas. Para que unha secuencia de letras sexa considerada como digrama, debe estar ben testemuñada no [[sistema de escrita]], ou sexa, ser produtiva. Pódese en galego notar calquera [[neoloxismo|palabra nova]] que conteña o fonema /tʃ/ con ''ch'', o que confirma o seu estatuto de grafema e, xa que logo, de digrama.
 
A utilización de digramas ou trigramas no alfabeto indica a miúdo que este non é completo pois ten que botar man dun dígrafo para notar un son que lle é propio.