Spetses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m illa de Salamina
m -2000
Liña 41:
'''Spetses''' (Σπέτσες en [[lingua grega|grego]]) é unha illa de [[Grecia]], situada a unhas 35 [[milla náutica|millas]] do porto do [[Pireo]], que forma parte das illas do [[Golfo Sarónico]] (as outras son [[Egina - Αίγινα|Exina]], [[Hidra]] , [[Poros]] e [[illa de Salamina|Salamina]]).
 
A illa foi habitada na época micénica (nela atópanse restos arqueolóxicos que datan do [[-2000|2000 a. C.]]); o seu nome actual deriva (antes era coñecida como Pityoussa primeiro e Petses despois) de "illa das espécies", un termo acuñado pola [[República de Venecia]] (que a controlou do [[século XIII|XIII]] ao [[século XV]]) en honra á gran cantidade de plantas aromáticas que crecen alí.
 
De [[1821]] a [[1822]] Spetses desempeñou un papel importante na guerra de liberación do [[Imperio Otomán]]: o [[8 de setembro]] 1822 os turcos, que querían queimar a base naval desta illa e así impor a súa hexemonía nese tramo do mar [[Mar Exeo|Exeo]] sufriron, a pesar da disparidade de forzas, a derrota da súa flota a través da acción da heroína spetsiota [[Laskarina Bouboulina]], temeraria "capitá" que puxo todas as súas posesións ao servizo do seu país na loita contra os turcos combatendo en primeira persona. A súa estatua domina o campo cerca do porto de Dapia, no que cada ano celébrase a "festa da armada". Foi odiada e asasinada polos seus familiares, os seus ósos están agora expostos no museo local.