Civilización maia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Mayaer
Liña 71:
== Sistema de Escrita ==
 
O [[sistema de escrita]] maia (xeralmente chamada [[xeróglifo|xeroglífica]] por unha vaga semellanza coa escrita do [[Exipto|antigo Exipto]], co cal non se relaciona) era unha combinación de símbolos [[Fonética|fonéticos]] e [[Ideograma|ideogramas]]. É o único sistema de escrita do novo mundo precolombiano que podía representar completamente o idioma falado no mesmo grao de eficiencia que o idioma escrito no vello mundo. O descifrado da escrita maia foi un proceso longo e traballoso. Algunhas partes descifráronse no final do [[século XIX]] e inicio do [[século XX]] (na súa maioría, partes relacionadas con números, calendario e astronomía), mais os maiores avances fixéronse nas décadas de 1960 e 1970 e aceleráronse de aí en diante, de maneira que actualmente a maioría dos textos maias poden ser lidos case completamente nos seus idiomas orixinais. Lamentabelmente, os sacerdotes españois, na súa loita pola conversión relixiosa, ordenaron a queima de todos os libros maias despois da conquista. Así, a maioría das inscricións que sobreviviron son as que se gravaron en pedra e isto porque a gran maioría estaba situada en cidades xa abandonadas cando os españois chegaron. Os libros maias normalmente tiñan páxinas semellantes a un cartón, feitas dun tecido sobre o cal aplicaban unha película de cal branca sobre a cal se pintaban os caracteres e ilustracións. Os cartóns ou páxinas atábanse entre si polas laterais, de maneira que se formaba unha longa fita que era dobrada en zig-zag para gardar e desdobrar para a lectura. Actualmente restaron apenas tres destes libros e algunhas outras páxinas dun cuarto, de todas as grandes bibliotecas entón existentes. Frecuentemente se encontran, nas escavacións arqueolóxicas, táboas rectangulares de xeso que parecen ser restos do que fóra un libro despois da descomposición do material orgánico.
 
Relativamente aos poucos escritos maias existentes, Michael Cor, un prominente arqueólogo da Universidade de Yale dixo: