Diferenzas entre revisións de «Sistema de escrita»

m
 
==Sistemas de escrita nos ordenadores==
[[Ficheiro:Recycling symbol2.svg|miniatura|O punto de código en [[Unicode]] do símbolo internacional da reciclaxe é U+277B]]
Xeralmente, nos [[ordenador]]es e nos sistemas de [[telecomunicación]]s non se codifican os sistemas de escrita como tales, pero os grafemas e outras unidades similares que son necesarios para o procesamento de texto se representan por "caracteres" que se manifestan tipicamente en forma cifrada. Hai moitos estándares diferentes de [[Codificación de caracteres|cifrado]], como o [[ISO/IEC 8859-1]] (orientado ao script latino), os caracteres [[Caracteres CJK|CJK]] (chinés, xaponés, coreano), e o [[texto bidireccional]]. Hoxe, moitos de tales estándares están redefinidos nun estándar colectivo, o [[ISO/IEC 10646]] ou UCS (Universal Character Set), e no moi semellante e máis expandido Estándar Unicode. Ambos englóbanse xeralmente baixo a denominación [[Unicode]]. En Unicode, a cada carácter dun sistema de escrita de calquera lingua, se lle asigna (simplificando lixeiramente) un número único de identificación, coñecido como '''número''' ou '''punto de código''' (''code point''). Os [[Sistema operativo|sistemas operativos]] usan o punto de código para buscar os caracteres no arquivo de fontes de letra, de tal xeito que os caracteres poidan ser vistos na pantalla ou no papel.
 
13.879

edicións