Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nova sección
Liña 204:
 
Hai tamén adaptacións non lineais transitorias do alfabeto latino, incluíndo o [[código Morse]], o [[alfabeto manual]] de varias [[Linguaxe de signos|linguaxes de signos]], e o [[Semáforo (comunicación)|semáforo]], no que as bandeiras ou as barras semafóricas se colocan formando ángulos preestablecidos. Así a todo, se se define a escrita como un medio potencialmente permanente de gravar información, entón estes sistemas de ningún modo poden ser calificados como escrita pois os símbolos desaparecen tan pronto como son usados.
 
===Direccionalidade===
[[Ficheiro:Writing directions of the world.svg|thumb|400px|Dirección dos sistemas de escrita mundiais.]]
 
Os scripts poden ser clasificados tamén segundo a dirección na que se efectúa a escrita. Os xeróglifos exipcios escribíanse indistintamente de esquerda a dereita ou de dereita a esquerda, cos glifos humanos e de animais mirando ao comezo da liña. Os primeiros alfabetos poideron ser escritos en múltiples direccións<ref>{{cite book |author=Threatte, Leslie |title=The grammar of Attic inscriptions |publisher=W. de Gruyter |year=1980 |pages=54–55 |isbn=3-11-007344-7}} {{En}}</ref>, horizontalmente (de esquerda a dereita ou de dereita a esquerda) ou verticalmente (en sentido descendente). O [[Bustrófedon]] é un sistema que cambia alternativamente de dirección ao mudar de liña.
 
O alfabeto grego e os seus sucesores estableceron como patrón a dirección de esquerda a dereita en sentido descendente na páxina. Outras escritas, como a árabe e a hebrea, adoptaron a dirección contraria, de dereita a esquerda. Os scripts que incorporan os caracteres chineses foron escritos tradicionalmente en sentido descendente vertical enchendo a páxina de dereita a esquerda, pero hoxe en día se escriben con frecuencia de esquerda a dereita, en sentido descendente na páxina, debido, entre outras razóns, á influencia da [[cultura occidental]] e ás limitacións técnicas de adaptación aos formatos de [[documento electrónico]] máis populares.
 
O [[alfabeto Uighur]] e os seus descendentes son únicos en seren escritos en sentido vertical descendente, de esquerda a dereita da páxina; esta dirección orixinouse a partir da ancestral dirección da escrita semítica ao rotar a páxina 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo para conseguir unha apariencia semellante á da escrita vertical chinesa. Algúns scripts usados nas [[Filipinas]] e [[Indonesia]], como o [[Hanunó'o]], tradicionalmente se escriben afastando as liñas do escritor en sentido vertical ascendente, mais se len horizontalmente de esquerda a dereita.
 
==Notas==