Gerd von Rundstedt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
Fillo dun ofcial de cabaleiría que serviu na guerra francoprusiana, estudou na academia militar de Lichtelfelder e máis tarde na Academia de guerra de [[Berlín]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] serviu na fronte do Oeste no goberno militar alemán de [[Amberes]] e posteriormente no goberno militar alemán en [[Polonia]]. Loitou nos [[Cárpatos]] e cara o final da guerra volveu á fronte occidental.
 
Durante o réxime nazi participou na anexión dos Sudetes e retirouse como tenente''Generaloberst'' coronel(o rango inferior a mariscal). Pero [[Hitler]] chamouno para poñelo a fronte dos exércitos do Sur na invasión de Polonia dende Silesia e Eslovaquia. Tivo como xefe de staff a Enric Von Manstein. Atravesou a fronteira o 1 de setembro de [[1939]] e capturou [[Cracovia]] o 6 de setembro, librou a batalla de Bzura e conquistou [[Varsovia]] que se rendiu o 28 de setembro tras 10 días de asedio.
 
Durante a batalla de Francia comandou o Grupo de exércitos A que en maio de [[1940]] atravesou o que se cría o impracticable bosque das Ardenas e cercou a 300.000 soldados franco-británicos avanzados en Bélxica, grazas a rapidez dos Panzer de [[Guderian]], un famoso xeneral baixo ás súas ordes. Este plan concibido por Manstein, foi apoiado por Rundstedt perante Hitler e resultou determinante do colapso do exército anglofrancés.