Diferenzas entre revisións de «Sistema de escrita»

nova sección
(nova sección)
(nova sección)
 
O [[Zhùyīn fúhào]], script fonético resumido para o chinés, divide as sílabas en dous ou tres caracteres fonéticos máis que en consoantes e vogais. O similar [[Pahawh Hmong]] é equivalente a un abugida pero coas funcións de consoante e vogal invertidas. Outros scripts están a medio camiño dos alfabetos abjad e abugida polo que pode haber desacordo en como terían que ser clasificados.
 
==Clasificación gráfica dos sistemas de escrita==
Se cadra, a primeira distinción que se fai ao clasificaren graficamente os sistemas de escrita sexa a ''linealidade''. Os sistemas lineais son aqueles nos que os caracteres están compostos de liñas, como o alfabeto latino e os caracteres chineses. Estes últimos considéranse lineais cando se escriben con bolígrafo ou pluma ou son fundidos en bronce. Analogamente, os xeróglifos exipcios ou os glifos maias foron con frecuencia representados con formas lineais, mais en contextos formais foron esculpidos en [[baixorrelevo]]. Os exemplos máis antigos de escrita son lineais: a escrita sumeria cara ao 3.300 AC era lineal, inda que os seus descendentes [[Escrita cuneiforme|cuneiformes]] non o foron. Pola contra, os sistemas non lineais como o [[Braille]], non están compostos de liñas, calquera que sexa o instrumento usado para escribilo.
 
A escrita cuneiforme foi probabelmente a primeira non lineal. Os seus glifos formábanse pola presión da punta dun xunco na arxila húmida, no canto de trazar co xunco liñas na arxila como se facía inicialmente. O resultado foi unha radical transformación da apariencia da escrita.
 
O sistema Braille é unha adaptación non lineal do alfabeto latino que abandonou completamente as formas latinas. As letras están compostas de puntos en relevo sobre o soporte da escrita, que pode ser coiro (o material orixinal usado polo seu inventor [[Louis Braille]]), papel duro, plástico ou metal.
 
Hai tamén adaptacións non lineais transitorias do alfabeto latino, incluíndo o [[código Morse]], o [[alfabeto manual]] de varias [[Linguaxe de signos|linguaxes de signos]], e o [[Semáforo (comunicación)|semáforo]], no que as bandeiras ou as barras semafóricas se colocan formando ángulos preestablecidos. Así a todo, se se define a escrita como un medio potencialmente permanente de gravar información, entón estes sistemas de ningún modo poden ser calificados como escrita pois os símbolos desaparecen tan pronto como son usados.
 
==Notas==
13.308

edicións