Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nova sección
Liña 188:
 
Son sistemas trácicos algunhas escritas [[Taquigrafía|taquigráficas]] e aqueles sistemas creados por aficionados e escritores de ficción como o [[Tengwar]], creado por [[J. R. R. Tolkien]]. Nestes sistemas artificiais, moitos dos trazos de avanzado deseño gráfico corresponden a propiedades fonolóxicas. A unidade básica de escrita destes sistemas pode representar desde fonemas ata palabras. Tense amosado que mesmo o script latino ten subcaracteres trácicos<ref>[http://www.uni-koeln.de/phil-fak/idsl/dozenten/primus/publikationen/Primus_Featural_Analysis_2004.pdf Primus, Beatrice. 2004. A featural analysis of the Modern Roman Alphabet. ''Written Language and Literacy, 7.2'', 235–274] {{En}}</ref>
 
===Sistemas de escrita ambiguos===
A maioría dos sistemas de escrita non son puramente dun tipo. Como xa se mencionou, os sistemas logográficos teñen compoñentes fonéticas, ben a través das liñas dun silabario, como no chinés ("logosilábico"), ou ben dun adjab, como no exípcio ("logoconsonático").
 
Outras escritas, porén, son claramente ambiguas. Os [[Escrituras paleohispánicas|semisilabarios paleohispánicos]] foron silábicos para as consoantes oclusivas como ''p'', ''t'', ''k'', mais eran alfabéticos para as outras consoantes. Nalgunhas versións, as vogais eran escritas redundantemente despois das letras silábicas, de acordo cunha ortografía alfabética. O [[cuneiforme persa antigo]] era similar; de 23 consoantes (incluído o carácter nulo), sete eran completamente silábicas, trece puramente alfabéticas, e para as outras tres había unha letra para /C''u''/ e outra tanto para /C''a''/ como /C''i''/. Porén, todas as vogais eran escritas, a pesar de todo, de maneira manifesta; como nos abugidas bráhmicos nos que a letra /C''a''/ usábase para unha consoante simple.
 
O [[Zhùyīn fúhào]], script fonético resumido para o chinés, divide as sílabas en dous ou tres caracteres fonéticos máis que en consoantes e vogais. O similar [[Pahawh Hmong]] é equivalente a un abugida pero coas funcións de consoante e vogal invertidas. Outros scripts están a medio camiño dos alfabetos abjad e abugida polo que pode haber desacordo en como terían que ser clasificados.
 
==Notas==