Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
=== En bacterias ===
Nas [[bacteria]]s o nivel de AMPc varía dependendo do medio usado para o seu crecemento. En concreto, o nivel de AMPc está baixo cando a fonte de carbono é a [[glicosa]]. Isto sucede debido á inhibición do encima que produce o AMPc, a adenil ciclase, como un efecto colateral do transporte de glicosa ao interior da célula. O [[factor de transcrición]] CRP [[proteína receptora de AMPc]], tamén chamado CAP (proteína activadora de xenes por catabolito), forma un complexo co AMPc e dese modo dito factor queda activado para unirse ao ADN. O CRP-AMPc fai incrementar a expresión dun grande número de xenes, incluíndo os dalgúns encimas, que poden intervir no subministro de enerxía a partir de fontes distintas da glicosa.
 
Un exemplo deste mecanismo é a activación ("control positivo") polo AMPc do [[operón lac]]. Cando hai pouca glicosa na célula, o AMPc acumúlase e únese ao sitio alostérico do CRP, que é unha proteína activadora da [[transcrición (ARN)|transcrición]]. A proteína entón adopta a súa conformación activa e únese a un sitio específico situado antes do promotor do operón lac, facilitando que a [[ARN polimerase]] se una ao promotor e empece a transcrición dos xenes do operón lac. Deste modo a bacteria pode usar a lactosa para a produción de enerxía, xa que os xenes do operón facilitarán o uso dese azucre. Pero se hai suficiente glicosa, a concentración de AMPc descende, o CRP disóciase do operón lac, e dito operón deixa de transcribirse.