Zapón (gaita): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''zapón''' é un mecanismo do soprete da gaita galega que consiste nunha lingueta feita tradicionalmente de coiro que permite soprar o aire dentro do fol da gaita ..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''zapón''' é un mecanismo do [[soprete]] da [[gaita]] galega que consiste nunha linguetalingüeta feita tradicionalmente de [[coiro]] que permite soprar o aire dentro do fol da gaita e impide que volva saír, facendo as funcións de válvula que funciona coa presión do aire exercida polo brazo ao apretar o fol. Habitualmente fanse de coiro, aínda que tamén se elaboran con goma ou látex. Era habitual aproveitar as cámaras de aire das rodas das bicicletas para elaborar estas válvulas. O zapón únese ao espigo do soprete, que vai metido dentro da buxa, a través dun parafuso e leva unha lámina de metal pequena para que o zapón se manteña no seu lugar. Son habituais tamén outros tipos de soportes: un par de arames cruzados unidos ao espigo do soprete que permite que o zapón estea solto; unha cánula onde o zapón se presenta como unha lingüeta, igual que o pallón do ronco e que vai insertada no burato do soprete, e outros. É importante manter o zapón húmido para que actúe debidamente, en especial os que están feitos de coiro.
 
Tamén son zapóns a parte que tapaba a abertura dianteira dos calzóns que se usaban ata a segunda metade do século XIX; As aberturas ou portas feitas no piso ou teitos das edificacións para comunicar unha dependencia con outra; as aberturas na cuberta dunha embarcación para comunicar un nivel superior cun inferior, e tamén en avións, tanques e submariños.