Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

edición engadindo begano galiza
(edición táboa)
(edición engadindo begano galiza)
 
A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "''contour bottle''" dentro da compañía, foi creada en [[1915]] polo deseñador de botellas [[Earl R. Dean]]. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...''unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada''...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun [[coco]] con forma de [[cabaza]] que ollaron na [[Encyclopedia Britannica]], e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en [[1916]], e, en [[1920]], era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.
 
==Coca-Cola en Galiza==
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, Sprite, Fanta, Nordic Mist, Schuss, Nestea, Aquarius, Powerade, Burn, Minute Maid, Aquabona e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
 
En maio de 2012, Cobega a embotelladora de Coca-Cola en Cataluña, mercou o 60% de Begano. Actualmente Begano está a traballar para transladar a fábrica ao concello de [[Oza dos Ríos]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/05/25/embotelladora-catalana-coca-cola-adquiere-60-begano/0003_201205G25P37991.htm La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano. La Voz de Galicia]</ref>.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cocacola.com Sitio oficial de Coca-Cola] {{en}}
* [http://www.begano.com Begano, embotelladora de Coca-Cola en Galiza]
 
[[Categoría:Bebidas refrescantes]]
Usuario anónimo