Misión Biolóxica de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== Instalacións ==
O edificio orixinal da finca era o [[pazo]] de Gandarón, que contaba ó comezo cun [[hórreo]], un [[pombal]], dous miradores e varios [[Celeiro (construción)|celeiro]]s e [[cortello]]s. Para adaptalo ó seu novo uso, o edificio sufriu reformas que o transformaron en oficinas e [[laboratorio]]s. Posteriormente construíronse naves destinadas para a cría de [[porco]]s, que máis adiante foron reconvertidas en laboratorios e oficinas.
 
* '''Parcela'''. Consta de doce hectáreas, das que dez son cultivables. Está dividida en lotes cuxa división e denominación obedecen ó seu uso orixinal. Nun deles consérvase un bosque autóctono e outros están dedicados a [[xardín]]s, nos que destaca a colección de [[camelia]]s. Na parcela hai varias construcións, entre as que destacan un cenador, un [[estanque]] e diversos conxuntos de mesas e bancos de pedra. Consérvanse tamén un hórreo e un [[lagar]].