Especie reactiva do osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
Os radicais libres prodúcense principalmente en [[orgánulo]]s, como as [[mitocondria]]s, e tamén se liberan desde eles ao [[citosol]]. <ref name=Muller2000>{{Cite journal | title = The nature and mechanism of superoxide production by the electron transport chain: Its relevance to aging | year = 2000 | author = Muller, Florian | journal = AGE | pages = 227–253 | volume = 23 | issue = 4 | doi = 10.1007/s11357-000-0022-9 | postscript =}}</ref><ref name="pmid11139407">{{cite journal | author = Han D, Williams E, Cadenas E | title = Mitochondrial respiratory chain-dependent generation of superoxide anion and its release into the intermembrane space | journal = Biochem. J. | volume = 353 | issue = Pt 2 | pages = 411–6 | year = 2001 | month = January | pmid = 11139407 | pmc = 1221585 | doi = 10.1042/0264-6021:3530411 }}</ref> As mitocondrias converten a enerxía nunha forma utilizable pola célula, a [[adenosina trifosfato]] (ATP). O proceso no que se produce ATP chámase [[fosforilación oxidativa]], a cal implica o transporte de protóns (ións hidróxeno) a través da membrana mitocondrial interna por medio da [[cadea de transporte electrónico]]. Na cadea de transporte electrónico, os electróns pasan a través dunha serie de proteínas por medio de reaccións de oxidación-redución, nas cales cada proteína da cadea ten un potencial de redución maior ca a proteína previa. O destino final dos electróns que circulan pola cadea é unha molécula de osíxeno. En condicións normais, o osíxeno redúcese formando auga; porén, arredor do 0,1–2% dos electróns que pasan a través da cadea (cifra obtida en mitocondria illadas, xa que non hai acordo sobre a cifra nos organismo vivos), producen unha oxidación prematura e incompleta do osíxeno, formando un radical superóxido (·O<sub>2</sub><sup>-</sup>), mellor documentado nos [[complexo I|complexos I]] e [[complexo III|III]]. O superóxido non é particularmente reactivo de seu, pero pode inactivar encimas específicos ou iniciar a [[peroxidación de lípidos]] cando está na súa forma protonada, hidroperoxil [[hidroperoxil|HO<sub>2</sub>]]·. O [[pKa]] do hidroperoxil é 4,8. Así, a pH fisiolóxico, a maioría está en forma de superóxido.
 
Cando se causan moitos danos ás mitocondrias dunha célula, esta sofre [[apoptose]] ou morte celular programada. As proteínas Bcl-2 están situadas na superficie das mitocondrias, detectan os danos, e activan unha clase de proteínas chamadas Bax, as cales crean perforacións na membrana das mitocondrias, causando que o [[citocromo c]] saia ao citosol. Este citocromo únese á Apaf-1, ou [[protease]] apoptótica activando o factor-1, o cal flota libremente no [[citoplasma]] celular. Utilizando enerxía do ATP da mitocondria, a Apaf-1 e o citocromo c únense entre si formando apoptosomas. Os [[apoptosoma]]s únense e activan aá caspase-9, activándoa, a cal é outra proteína que flota libremente. A caspase-9 despois cliva (corta) as proteínas da membrana mitocondrial, causando a súa rotura e inicia unha cadea de reaccións que levan á desnaturalización de proteínas e finalmente á [[fagocitose]] da célula.
 
==Causa do envellecemento==