Especie reactiva do osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
Normalmente, as células deféndense contra os danos producidos polas especies reactivas do osíxeno utilizando [[encima]]s como a [[alfa-1-microglobulina]], [[superóxido dismutase]]s, [[catalase]]s, [[lactoperoxidase]]s, [[glutatión peroxidase]]s e [[peroxirredoxina]]s. Pequenas moléculas [[antioxidante]]s como o [[ácido ascórbico]] (vitamina C), [[tocoferol]] (vitamina E), [[ácido úrico]], e [[glutatión]] tamén xogan un importante papel como moléculas antioxidantes. Da mesma maneira, os [[antioxidante polifenólico|antioxidantes polifenólicos]] axudan a impedir os danos causados polas especies reactivas do osíxeno ao eliminaren [[radical libre|radicais libres]]. Polo contrario, a capacidade antioxidante do espazo extracelular é menor (o antioxidante do plasma máis importante en humanos é o ácido úrico).
 
Os efectos das especies reactivas do osíxeno no [[metabolismo]] celular están ben documentados. Entre eles están non só o papel na [[apoptose]] (morte celular programada) senón tamén efectos positivos como a indución de xenes de defensa do [[hóspede]] <ref>{{cite journal |author=Rada B, Leto TL |title=Oxidative innate immune defenses by Nox/Duox family NADPH oxidases |journal=Contrib Microbiol |volume=15 |issue= |pages=164–87 |year=2008 |pmid=18511861 |pmc=2776633 |doi=10.1159/000136357 |url=http://content.karger.com/produktedb/produkte.asp?doi=10.1159/000136357&typ=pdf |format=PDF |series=Contributions to Microbiology |isbn=978-3-8055-8548-4}} — Review</ref><ref>{{cite journal |author=Conner GE, Salathe M, Forteza R |title=Lactoperoxidase and Hydrogen Peroxide Metabolism in the Airway |journal=Am J Respir Crit Care Med |volume=166 |issue=12 |pages=S57–61 |pmid=12471090 |year=2002 |month=December |doi=10.1164/rccm.2206018 |url=http://ajrccm.atsjournals.org/cgi/content/full/166/12/S1/S57 }}</ref> e mobilización de sistemas de transporte iónico.{{Citation needed|date=May 2009}} Isto fai que estean implicados na [[sinalización redox]], tamén coñecida como "sinalización oxidativa". En particular, as [[plaqueta]]s implicadas na reparación de [[ferida]]s e na [[homeostase]] do [[sangue]] liberan especies reactivas do osíxeno para recrutar a máis plaquetas nos sitios da lesión. Isto tamén proporciona unha uniónconexión co [[sistema inmunitario]] adaptativo por medio do recrutamento de [[leucocitos]].{{Citation needed|date=May 2009}}
 
As especies reactivas do osíxeno están implicadas nas actividades celulares durante diversas respostas inflamatorias como nas [[enfermidade cardiovascular|enfermidades cardiovasculares]]. Poden estar tamén implicadas na discapacidade auditiva causada por danos na [[cóclea]] inducidos por niveis sonoros elevados, na [[ototoxicidade]] de drogas como a [[cisplatina]], e na xordeira conxénita de animais e humanos. {{Citation needed|date=May 2009}} A [[sinalización celular]] está tamén implicada na mediación da [[apoptose]] ou da morte celular programada e en danos [[isquemia|isquémicos]], como os proiducidos durante os [[accidente cerebrovascular|accidentes cerebrovasculares]] ou os [[infarto de miocardio|infartos de miocardio]].{{Citation needed|date=May 2009}}