Casa de Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 27:
O seu fillo, '''Rui Freire de Andrade''' ([[1308]]-[[1362]]) continúa coa encomenda de Caaveiro, que é a que dá o liderado familiar. Casou tres veces e foi pai de dúas mulleres e catro homes. Vai ser precisamente un dos seus fillos, Fernán Pérez de Andrade, quen se converta no primeiro Señor de Pontedeume, [[Ferrol]] e, pouco despois, [[Vilalba]].
 
É salientábel tamén a figura doutro fillo seu que exemplifica mellor ca ninguén o espallamento da familia fóra da terra natal. Tal foi [[Nuno Freire de Andrade, mestre da orde de Cristo|Nuno Freire de Andrade]], emigrado a [[Portugal]] onde pasou a maior parte da súa vida. Iniciador da liñaxe dos Andrade portugueses, recibiu do rei [[Pedro I de Portugal|don Pedro I]] a dignidade de Mestre da [[Orde de Cristo]] e foi valido seu. Pedro I encomendoulle o coidado do seu fillo bastardo [[João I de Portugal|don Joaõ]] que chegaría a ser rei de Portugal. Tamén tívoo en moita estima o rei [[Fernando I de Portugal|Fernando I]] que o nomeou gobernador da cidade da [[A Coruña|Coruña]] durante un breve período ([[1370]]-[[1371]]) de ocupación portuguesa da cidade, pouco antes da súa morte. Descendentes salientábeis del son o seu neto [[García Rodríguez de Valcarce]], primeiro señor da vila de [[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]]<ref>Lamigueiro Fernández, Xosé L.:''Ascendencia e familia próxima de García Rodríguez de Valcarce o das Pontes''.Revista Cátedra nº 13 (2006). ISSN 1133-9608</ref>; e o descubridor do [[Brasil]], [[Pedro Álvarez deÁlvares Cabral]].
 
[[Ficheiro:Pontedeume-Andracast-04.jpg|miniatura|esquerda|250px|Castelo dos Andrade en [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]] (Pontedeume), mandado facer por [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]].]]