Turbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:MerBleueBog.jpg|thumb|180px|Turbeira no Canadá.]]
 
Unha '''turbeira''' é un ecosistema húmido, un tipo de [[Braña (humidal)|braña]] aceda na que se acumulou materia orgánica en forma de [[turba]]. Están composta principalmente por plantas higrófilas que ao medrar e sucedérense no tempo e no espazo acumulan gran cantidade de materia vexetal morta que non se pode descompoñer rapidamente polas baixas temperaturas, a baixa cantidade de osíxeno na auga e a pouca actividade biolóxica das bacterias e fungos descompoñedores. Coma consecuencia, ao longo do tempo fórmanse capas de turba nas que se distinguen restos de materia orgánica morta.
As turbeiras adoitan atoparse en concas lacustres xeralmente de orixe [[glaciar]] que actualmente están cheas de material vexetal máis ou menos descomposto e que coñecemos coma turba de auga doce.
Hai turbeiras nas zonas húmidas de todo o mundo. En Galicia abundan nas serras de todo o territorio, salientando as da [[Serra do Xistral]]. As turbeiras galegas chegan a acadar os 2 -3 m de grosor de turba.