O Milladoiro, Biduído, Ames: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Liña 13:
Orixinariamente un grupo de aldeas -Seidón, A Madalena, O Milladoiro- experimentou, a partir do ano [[1970]], un progresivo crecemento en vivendas, dado o seu menor prezo en comparación coas situadas no veciño concello de [[Santiago de Compostela]]. O lugar está atravesado pola estrada [[N-550]].
 
Esta poboación, situada na saída sur de Santiago, está dentro do término municipal de Ames e recorda co seu nome un dos famosos [[humilladoiros]] do [[camiño de Santiago]]. Neste caso serían os peregrinos que chegaban a Compostela polo mar os que se axeonllaban e humillaban, ao ver desde aquí por primeira vez as torres da basílica compostelá. 0uOu quizais sexa o recordo do lugar onde os peregrinos depositaban unha pequena proba da súa peregrinación o día no que «as pedras falen» no [[xuízo final]]. Hai incluso quen pensa que os peregrinos botaban pedras sobre os cadáveres aos que por algunha razón se lles negaba a sepultura eclesiástica.
 
==O Milladoiro na cultura popular==