Diferenzas entre revisións de «Martiño Rivas»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: en:Martiño Rivas; cambios estética
m (r2.7.3) (Bot: Engado: en:Martiño Rivas; cambios estética)
'''Martiño Rivas López''', coñecido artisticamente como '''Martín Rivas'''<ref>http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Martin/Rivas/nacio/cafe/elpepuespgal/20070616elpgal_18/Tes</ref>, é un actor galego nado en [[Vimianzo]] en [[1985]].
 
== Traxectoria ==
Fillo do escritor galego [[Manolo Rivas]] e de María Isabel López, Martiño comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de Video Voz para [[TVG]] ''[[Mareas vivas]]''. Traballou nela de 1998 a 1999, nas temporadas primeira a terceira. En [[2004]] participou na rodaxe da [[curtametraxe]] ''Puzle'', de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas temporadas de ''[[Maridos e mulleres]]'', de Zénit Televisión para [[TVG]]. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais con títulos como ''SMS'' (Globomedia para [[La Sexta]]) nun rol episódico dos capítulos 221 a 225. Actualmente é un dos protagonistas da serie ''[[El Internado]]'' de [[Antena 3]]. Academicamente, ademais de seguir a súa formación como actor na escola ''Espacio Aberto'', estuda o 4º curso de Comunicación Audiovisual na [[Universidade de Santiago]].
 
== Películas ==
*''[[Os xirasois cegos]]'' ([[2008]]). Drama dirixido por [[José Luis Cuerda]] e protagonizado por [[Maribel Verdú]] e [[Javier Cámara]], entre outros. Como ''Lalo''.
 
== Series de televisión ==
*''[[Mareas vivas]]'' ([[1998]]-[[1999|99]]). [[TVG]]. Como ''Dani''.
*''[[Maridos e mulleres]]'' ([[2005]]). [[TVG]]. Como ''David''.
*''[[El internado]]'' ([[2007]]-[[2010]]). [[Antena 3]]. Como ''Marcos Novoa Pazos''.
 
== Curtametraxes ==
*''Puzzle'' ([[2004]]). Curtametraxe gravada en [[Santiago de Compostela]].
*''Atopeite'' ([[2006]]). Dirixida por [[Susana Pérez]].
*''Universos'' ([[2009]]). Dirixida por [[José Corbacho]] e [[Juan Cruz]]. Como ''Álex''.
 
== Obras de teatro ==
*''[[Drácula]]'' ([[2007]]). Dirixida por [[Eduardo Bazo]] y [[Jorge de Juan]] e protagonizada por [[Emilio Gutiérrez Caba]] e [[Ramón Langa]], entre outros. Como ''Jonathan Harker''.
 
== Vida persoal ==
Sentimentalmente relacionouse no pasado con [[Sara Casasnovas]] e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz [[Irene Escolar]]<ref>http://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia</ref>.
 
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* {{imdb name| id=2288618| name=Martiño Rivas}}
* [http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_persona.php&id_persona=1510 Martiño Rivas en AAG]
* [http://culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=1316&busca=Marti%C3%B1o%20Rivas/ Martiño Rivas en AVG]
* [http://www.martinrivas.es.vg/ Web non oficial do actor]
* [http://www.palimpalem.com/4/ClubDeFans_MartinRivas/body1.html/ Web non oficial do Clube de fans]
 
[[Categoría:Actores galegos|Rivas, Martinno]]
[[be:Марцін Рывас]]
[[ca:Martiño Rivas]]
[[en:Martiño Rivas]]
[[es:Martiño Rivas]]
[[ru:Ривас, Мартин]]
76.331

edicións