Cuntis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: zh:昆蒂斯; cambios estética
Liña 69:
|}
 
== Xeografía ==
O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de [[Valga]], [[A Estrada]], [[Campo Lameiro]], [[Moraña]] e [[Caldas de Reis]]. Ten 79,8 km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.
 
== Historia ==
 
=== Megalitismo ===
[[Ficheiro:Castrolandín GDFL2005h.JPG|miniatura|250px|esquerda|Escavacións en Castrolandín no [[2005]].]]
Consérvanse varios [[megalitismo en Galicia|asentamentos megalíticos]], entre elas once [[medorra]]s (mámoas do Alto da Crus, no límite coa Estrada; Chan do Castro, Campo das Tombas, A Moma e Pedra Moma, en [[Arcos, Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]]; Congostra do Río, en [[Ferreiros, Arcos, Cuntis|Ferreiros]]; mámoas da Eira e Lagoa dos Mouros, en [[Zo, Cuntis, Cuntis|Zo]]; Petouto dos Mouros, en [[Pena de Arriba, Troáns, Cuntis,|Pena de Arriba]] [[Troáns, Cuntis|Troáns]]; Petouto ou Monte do Sino en [[Hervés, Troáns, Cuntis|Hervés]], [[Troáns, Cuntis|Troáns]]; e As Piñeiras, en [[Vilameán, Estacas, Cuntis|Vilameán]], [[Estacas, Cuntis|Estacas]]) e un [[menhir]], a lapa do Marco Carreira, en Estacas, Santo André de Cesar, de maior tamaño cá lapa de Gargantáns ([[Moraña]]).
Liña 84:
En [[Cardecide, Cuntis, Cuntis|Cardecide]] están os petróglifos de Cartas, con arredor de 35 motivos circulares, e Cartas da Fóra, con figuras circulares, pseudolabirinto e pías. En [[Laxos, Cuntis, Cuntis|Laxos]] está O Pereiriño, con pías. O Castelo (entre Laxos e [[Xinzo, Cuntis, Cuntis|Xinzo]]), ten motivos circulares e pía. En [[Cequeril, Cequeril, Cuntis|Cequeril]] está a Laxe dos Homes, con figuras antropomorfas, posibelmente medievais. O Outeiro dos Campiños ten círculos concéntricos, espiral e pías. O Outeiro do Casal ten motivos circulares. Outro petróglifo é o Outeiro do Galiñeiro.
 
=== Época castrexa ===
Da [[cultura castrexa]] quedan varios [[castro (poboado)|poboados castrexos]]. O máis coñecido é o [[castro de Castrolandín]], escavado. Outros poboados son o castro de [[Meira, Cuntis, Cuntis|Meira]], castro de Laxos, O Castreliño e O Castriño, en Xinzo; o castro da Bragaña, en [[Estacas, Cuntis|Estacas]]; o monte do Sino, entre [[Novás, Portela, Cuntis|Novás]] e Hervés; o castro de Sobrada, en Troáns); o castro de Montesandeu, de Piñeiro ou de San Mamede e Entrecastros, en [[Sebil, Cequeril, Cuntis|Sebil]]; o castro Sebil, o de Vilar do Mato, o de Arcos e o Castelo, no monte Xesteiras; o Monte do Castelo, en [[Calvos, Cuntis, Cuntis|Calvos]]; o castro da Aurela, entre Arcos e [[Portela, Portela, Cuntis|Portela]].
 
=== Época romana ===
Trala [[romanización de Galicia]] os romanos asentáronse preto dos mananciais de augas termais. A vila foi chamada ''Aqua Calidae'', integrada no territorio dos [[cilenos]], moi próxima á mansión ''Aquis Celenis'' ([[Caldas de Reis]]), situada na vía XIX do [[itinerario de Antonino]], que unía [[Lugo]] con [[Braga]].
 
Liña 94:
Entre as construcións sobresae a [[Ponte]] Taboada, de dous arcos, na que se conserva a orixinal de fábrica romana e unha ampliación posibelmente medieval ou moderna, baixo unha contemporánea. Até [[1905]] existía unha ponte de orixe romana no centro da vila, que foi demolida para construír unha máis ancha dun só arco. En canto ás vías de comunicación, había dúas principais que atravesaban o val de Cuntis, unha procedente de Caldas e outra da [[Terra de Moraña]]. No entanto, existen posíbeis restos dunha [[calzada romana|calzada]] no lugar de [[Vilar do Mato, Cuntis|Vilar do Mato]] en dirección a Montillón, e outra nas inmediacións da Ponte Taboada e que confirmaría a vía de conexión Cuntis-[[Moraña]]. Ambas as dúas vías uniríanse na vila de ''Aqua Calidae'' e encamiñaríanse cara á parroquia de [[Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]].
 
=== Idade moderna ===
Até a división territorial do [[século XIX]], esta área xeográfica formou parte da [[provincia de Santiago]]. As súas parroquias dependían da xurisdición de Baños, baixo señorío do [[arcebispo de Santiago]]. Tamén pertencían a esa xurisdición as parroquias de [[Carracedo, Caldas de Reis|Carracedo]] (no concello de Caldas de Reis), e [[O Couso, Campo Lameiro|O Couso]], [[Morillas, Campo Lameiro|Morillas]] e [[Moimenta, Campo Lameiro|Muimenta]] (do concello de Campo Lameiro).
 
Cuntis coñécese dende antigo polos seus mananciais de augas mineiro-medicinais. Por iso a capital se chamaba, até antes da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], Caldas de Cuntis.
 
== Lugares de interese turístico ==
[[Ficheiro:Teaño GDFL2005a.jpg|miniatura|250px|esquerda|Reitoral e igrexa de [[Teaño, Estacas, Cuntis|Teaño]].]]
 
=== Mananciais de auga termal ===
As augas dos mananciais do concello de Cuntis son sulfuro-sódicas e hipertermais, acadando até os 64 º °C. O seu uso terapéutico está recomendado contra o reuma, a gota ou a psoriase. Antigamente tamén era recomendado para curar a [[sífilis]]. Algúns dos mananciais están explotados por empresas privadas, a pesar das protestas veciñais que defenden o seu carácter público. Destacan os mananciais de Fogo de Deus (ou do Foxo, ou A Burga), de uso público; o da Carreira do Conde, de uso privado; o da Rúa Real; As Eiras (Eira Vella e Eira Nova); Os Forniños (Forno Novo e Vello); a Burga do Castro e A Barreira.
 
=== Parques ===
* Parque da Feira: ampla zona de recreo, antigamente coñecida como As Codeseiras. Nel celébranse festas e romarías e sitúase o pombal e o [[Hórreo galego|hórreo]] da casa reitoral, o monumento homenaxe aos Canteiros, esculpido polo artista local [[Maxín Picallo Durán]] e un busto de [[Roberto Blanco Torres]].
* Parque de Maráns: nel está o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por [[Francisco Asorey]]. Desde el contémplase a vila de Cuntis desde un miradoiro.
* Parque do Castro: situado á beira do [[río Gallo]], é privado.
 
=== Outros lugares ===
* O Penedo: unha poza do [[río Umia]] próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (''Margaritifera margaritifera''), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de [[Vilameán, Estacas, Cuntis|Vilameán]] e [[O Casal, Estacas, Cuntis|O Casal]] pódese ver unha casona de cantaría cun gran [[hórreo]], a [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial e o [[calvario]], rodeados dunha [[Carballo|carballeira]] onde se celebran as romarías.
* Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e [[Mesego, Cuntis, Cuntis|Mesego]], son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, [[Salnés]] e terras de Montes e [[A Estrada]].
 
* Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123):<ref>http://www.oportavezal.org</ref> Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do [[Río_UmiaRío Umia|Umia]] e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección as petroglifos de [[Cequeril]].
 
== O escudo do concello ==
O escudo oficial de Cuntis é,<ref>Decreto 81/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)</ref> de azur e sobre ondas de prata, unha ponte de ouro surmontada dunha torre e dunha estrela tamén de ouro e, nos flancos, de dúas serpes do mesmo, linguadas de goles e enfrontadas. Ao timbre, a coroa real pechada. Recórdase a ponte romana que existiu no centro da vila e a case desaparecida fortaleza de Sebil. A estrela alude á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago.
 
== Festas e feiras ==
 
=== Festas ===
*[[Reis Magos]]: [[6 de xaneiro]] (Meira)
*Santo Ildefonso: [[23 de xaneiro]] (Troáns)
Liña 142:
*Festa [[Virxe das Dores]]: [[16 de setembro|16]] e [[17 de setembro]] (Cuntis)
 
=== Feiras ===
Aínda que antigamente se celebraban tres (a do Baño, a de Santo Isidro en Meira e a da carballeira do 18 en Troáns), arestora só se celebran o día 22 de cada mes e os sábados pola mañá na Praza da Constitución. A feira do dezaoito recuperouse como feira sustentábel artesanal, gastronómica e lúdica con carácter anual a partir de 2009. Celébrase o sábado máis próximo ao día 18 do mes de xuño.
 
== Galería de Imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de Cuntis}}
<gallery>
Liña 155:
</gallery>
 
== Parroquias ==
{{Cuntis}}
 
== Lugares de Cuntis ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cuntis vexa: [[Lugares de Cuntis]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.turismodecuntis.com/ Páxina oficial do Concello de Cuntis]
* [http://www.segatur.com/prg123.html Ruta sendeirista homologada: PR-G 123 Senda Peonil da Ponte do Ramo - SEGATUR]
Liña 194:
[[vi:Cuntis]]
[[war:Cuntis]]
[[zh:昆蒂斯]]