Bedřich Hrozný: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Engadindo modelo commonscat
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 4:
== Traxectoria ==
=== Formación e primeiros estudos===
Nado en [[Lysá nad Labem]], na [[Bohemia]] central, estudou [[lingua hebrea|hebreo]] e [[lingua árabe|árabe]] en [[Kolin]] e en [[1904]] participou nalgunhas escavacións na [[Palestina]] setentrional. A continuación, especializouse en [[asirioloxía]], [[linguas orientais]] e [[escritura cuneiforme]] na [[Universidade de Viena]], onde foi profesor do [[1905]] ao [[1919]]<ref name=treccani>{{cita web|url=http://www.treccani.it/Portale/elements/categoriesItems.jsp?pathFile=/sites/default/BancaDati/Enciclopedia_online/H/BIOGRAFIE_-_EDICOLA_H_033421.xml|title=Artigo ''Bedřich Hrozný'' na ''Enciclopedia Treccani''|accessdate=21 de novembro de 2009}} {{it}}; {{cita web|url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/273672/Bedrich-Hrozny|title=Artigo ''Bedřich Hrozný'' na ''Encyclopædia Britannica''|accessdate=21 de novembro de 2009}} {{en}} </ref>.
 
=== O desciframento do hitita ===
Chamado a filas na [[Primeira guerra mundial]], tivo ocasión de estudar as taboíñas cuneiformes ata o daquela sen descifrar atopadas en [[Boğazköy]], no xacementoasentamento que despois habería ser identificado como [[Ḫattuša]], a capital do [[Imperio hitita]]. Aplicando o [[método combinatorio]] deu deducido, partindo dos [[ideograma|ideogramas]] xa coñecidos, o senso das outras palabras que constituían unha determinada frase. Illou e descifrou así diferentes elementos, entre os que estaban unha desinencia ''-an'' con función de [[acusativo]] [[singular]], unha [[Raíz (lingüística)|raíz]] [[Verbo|verbal]] ''ad-'' / ''eza-'' co significado de "comer", nas formas ''ezateni'' ("vós comeredes") e ''adanzi'' ("eles comerán"); ''vadar'' co significado de "auga"<ref name=villar>Francisco Villar, ''Los indoeuropeos y los orígenes de Europa'', pp. 346-347.</ref>.
 
A aplicación do [[método comparativo]] propio da [[indoeuropeística]] permitiulle inmediatamente a Hrozný establecer estreitas conexións entre a lingua que viña de descifrar, o [[Lingua hitita|hitita]], e outras [[linguas indoeuropeas]]: ''ad-'' / ''eza-'' era inmediatamente comparábel co [[Lingua latina|latín]] ''edo'', ao [[Lingua alemá|alemán]] ''essen'', ao [[Lingua checa|checo]] ''jìsti''; ''vadar'' ao [[Lingua inglesa|inglés]] ''water'', ao alemán ''Wasser'', ao checo ''voda''. A primeira frase descifrada por Hrozný en hitita foi unha fórmula litúrxica: «Agora vós comeredes pan, despois beberedes auga»<ref name=villar />.
 
Os resultados dos sdeusseus estudos, publicados en [[1917]], revolucionaron a [[indoeuropeística]] e conduciron progresivamente ao abandono de diversos paradigmas elaborados pola disciplina no curso do [[século XIX]], da reconstrución "greco-sanscritista" proposta pola [[escola neogramática]] alemá á existencia dunha [[isoglosa]] [[Dialectoloxía|dialectal]] que tería dividido as linguas indoeuropeas en occidentais e orientais ([[isoglosa centum-satem]])<ref name=villar />.
 
=== A docencia en Praga ===