Membrana celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
O parágrafo citado fai referencia ao idioma castelán, pero mesmo nesa lingua, igual que noutras, obsérvase unha preferencia a usar os termos máis claros ''membrana plasmática'' e ''parede celular'' mellor que ''membrana celular''. Así, noutro libro clásico publicado só uns anos despois da referencia anterior, como é o Tratado de Botánica de Strasburger na 7ª edición en castelán de 1986, o termo "membrana celular" xa non aparece no índice alfabético de termos, pero si aparecen membrana plasmática, parede celular, biomembrana e outras.<ref>Strasburger. Botánica. 7ª edición. (1986). ISBN 84-7102-990-1.</ref>
 
O termo membrana plasmática deriva do termo alemán ''Plasmamembran'' acuñado no século XIX por Karl Wilhem Nägeli para describir a película que se formaba cando o protoplasma dunha célula lesionada saía ao exterior, polo que tampouco significaba orixinalmente o que significa actualmente (membrana lipoproteica que rodea a célula). <ref name=Sperelakis/>
 
==Notas==