Golfo de San Lourenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
== Historia ==
O primeiro intercambio suficientemente ben documentado entre europeos e [[amerindio]]s na rexión do golfo efectuouse en [[Nova Brunswick]] o 7 de xullo de [[1534]], baixo a dirección de [[Jacques Cartier]], enviado oficial do rei [[Francisco I de Francia]]. Os pescadores europeos ([[País Vasco - Euskal Herria|vasco]]s, [[Bretaña|bretóns]], [[Normandía|normandos]]...) precederan a este último, porque frecuentaban as costas do golfo (e os seus ocupantes) cada verán, desde facía un século. Isto, non soamente sobre os bancos de Terra Nova (a [[plataforma continental]] desta gran illa á saída do golfo), senón por todas partes onde abundaba especialmente o [[bacallau]].
 
Posto que pasaban moito tempo secando as súas capturas ao sol e ao vento, sobre ''vigneaux'' (enrexados horizontais sobrealzados) instalados sobre a area, os pescadores vían inevitablemente aos indíxenas aproximarse, cos que intercambiaban produtos metálicos europeos (coitelos, anzois, caldeiros...) ou bacallaus... por produtos locais ([[millo]], carnes de caza, [[Salmón atlántico|salmóns]], pequenos froitos, peles...).