Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 7:
==Descrición==
[[Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega malla 06.jpg|miniatura|250px|Detalle do xogo entre o pértego e o mango dun mallo]]
O mallo está composto de dous paus, atados por unha [[correa]] ou unha [[cadea (obxecto)|cadea]]. O pau máis longo e menos groso é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar: ''mangueira'', ''mangueiro'', ''manle,'', ''manleira'', ''moca'', ''monca'' ou ''almanca''. O seu movemento impulsa, a través das correas ou cadeas, un segundo pau, máis groso, que será o que bata no cereal directamente; este recibe tamén diversos nomes: ''pértego'', ''porro'' ou ''mallo'' propiamente dito.
 
A correa ou cadea que une ambos paos recibe a súa vez tamén denominacións variadas: ''correa'', ''puga'', ''carrachola'', ''narigota'', ''asa'', ''cedoiro'', ''encedoiro'', ''oncedoiro'', ''loro'', ''meá'', ''temoeiro'', etc. Algúns destes nomes son en realidade unha estensión [[Sinestesia|sinestésica]] das cubertas de [[coiro]] (''casula'', ''capeliza'', ''camisas'') que poden ter os extremos dos dous paus para protexelos do desgaste por [[rozamento]] co seu uso.