Preso político: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ar:سجين سياسي
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Un '''preso político''' é aquel que permanece na [[prisión|cadea]] ou detido dalgún outro xeito, por exemplo, baixo arresto domiciliario, porque as súas ideas representan un desafío ou unha ameaza para o [[sistema político]] establecido, sexa este da naureza que sexa.
Como as opinións ou as actitudes non acostuman ser obxecto de lexislación, adoita seren difícil determinar exactamente que son os presos políticos a partir dos cargos que se lles imputan; unha excepción a constitúen os acusados de traizón ou espionaxe, a pesar de que xeralmente non se lles considera presos políticos. A condición de preso político, polo tanto, adoita ser obxecto de disputas; moitos dos prisioneiros considerados políticos por grupos de activistas son cualificados polos gobernos aos que se opoñen de "[[terrorismo|terroristas]]" ou "subversivos".