Escola de ferrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Escolas de ferrado" a "Escola de ferrado": Por coherencia
Sen resumo de edición
Liña 1:
Coñécese como '''escolas de ferrado''' ao sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, mestres non titulados que habitualmente tiñan unha escasa formación e que daban clases aos nenos do rural [[galicia|galego]] desde o século XVIII e que subsistiu ata fins do franquismo.
 
Recibían o nome de escolas de ferrado por pagar pola escolarización dos seus fillos un [[ferrado]], ben de [[centeo]], [[trigo]] ou [[millo]]. Aproximadamente entre 12 - 18 kilos por rapaz. <ref>[http://www.xerais.es/online42/escolantes.htm Ficha de Escolantes e escolas de ferrado de Narciso de Gabriel en Xerais]</ref>.
O espazo da casa que se escollia, soía ser a lareira ou o comedor, aínda que tamén se podían empregar palleiros e cortes.

Os escolantes podían ser labregos que completaban os seus ingresos dando clases aos nenos do seu lugar, cregos, vellos ou ben xente sen oficio nin recursos que subsistía grazas a darlle clases aos nenos.<ref>Narciso de Gabriel, ''As escolas de ferrado no século XIX'' nas ''III Xornadas de Historia de Galicia'', Ourense, 1986 páx. 135</ref>.
Cara ao comezo do século XX comezouse a pagar en diñeiro o que sería o valor dun ferrado de trigo. Coa suba dos prezos do trigo, aló polos anos 40 do s. XX, houbo unha proliferación de mestres e mestras de ferrado.

Ademais deste pago os mestres tamén recibían a mantenza e máis o lugar onde durmir durante o mes que estaban na escola que remataba cun día de festa.
Malia a súa nula preparación pedagóxica e o limitado da súa cultura os escolantes ensinaban a ler, escribir e contar aos nenos da zona rural que doutra maneira dificilmente terían a oportunidade de aprender. As escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no temporada de inverno cando o traballo no campo era menos intenso e normalmente establecíanse nas cortes, choupanas e ás veces ía o escolante de casa en casa.Os horarios eran de luns ata ó sábado e de ven dende primeiras horas da mañá ata ven entrada a noite.
 
Os materiais educativos eran escasos e o mestre adoitaba levalos de aldea en aldea, eran textos escritos a man que ás veces o propio escolante convertía nun pequeno libro, até que xa no século XX fóronse incorporando os libros de texto, fundamentalmente as enciclopedias, as de Álvarez e a de Dalmau, tamén podían empregar algúns mapas. O alumnado empregaba unha pequena lousa para facer as contas e os primeiros ensaios de escritura e posteriormente escribíase xa no papel.
O ensino era moi básico : contas (para medir e contar o número de leiras), as letras para leer ou escribir os contratos de compra e venda.
A técnica que usaban para ó ensino era moi doada, a repeticion; saía un neno a pizarra e os demais copiaban o que el escribia.
 
== Notas ==