Membrana celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
===Orixe da ambigüidade===
Durante século e medio (c.1800-c.1950) a investigación das células baseouse só na observación mediante [[microscopio óptico|microscopía óptica]]. Esta non pode, por razóns físicas relacionadas coa lonxitude de onda da luz, detectar estruturas de menos de 0,25 µm (micrómetros). Chamouse '''membrana celular''' ó límite celular cando este era visible. Na maior parte dos casos o que se observaba era un recubrimento, máis ou menos flexible, feito de [[polisacárido]]s, de [[proteína]]s ou de polímeros mixtos, ó que se chama tamén '''[[parede celular]]'''. Esta última é precisamente a expresión que debe se debe preferir para eludir a ambigüidade.
 
A principios do século XX, investigacións experimentais da fisioloxía celular conduciron a postular a existencia, en todas as células, dunha membrana invisible, á que se chamou '''[[membrana plasmática]]''' ou citoplasmática, e que debía estar composta esencialmente de [[lípido]]s. Esta representaba a envoltura do [[protoplasma]], a parte fisioloxicamente activa da célula. Co uso do microscopio electrónico, puido observarse por fin a membrana plasmática, cuxa espesura típica é de só 0,0075 µm (75 Å). Co microscopio electrónico pode distinguirse na célula das plantas a membrana plasmática da parede celular.