Etnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: ar:إثنية
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
Un '''grupo étnico''' é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de [[raza]] e [[nación]], o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o [[mercantilismo]] e o [[capitalismo]] promovían movementos globais de poboacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos [[estado]]s eran definidas máis clara e rixidamente. No [[século XIX]], os [[estado]]s modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de ''nacións''. Mentres, os estados-nación inclúen sempre poboacións [[indíxena]]s que foron excluídas do proxecto de construción da nación, ou recrutan traballadores do exterior das as súas fronteiras. Estas persoas constitúen tipicamente grupos étnicos. Consecuentemente, os membros de grupos étnicos acostuman concibir a súa identidade como algo que está fora da historia do estado-nación – quer como alternativa histórica, quer en termos non-históricos, quer en termos dunha ligazón a outro estado-nación. Esta identidade expresase moitas veces a través de "tradicións" variadas que, aínda que sexan frecuentemente invencións recentes, apelan a unha certa noción de pasado.
 
Os grupos étnicos ás veces son suxeitos ás actitudes e ás accións [[preconcepto|preconceituosas]] por parte do Estado ou polos seus membros. No [[século XX]], os pobos comezaron a discutir que conflitos entre grupos étnicos ou entre membros dun grupo étnico e o estado poden e deben ser resolvidos de dúas maneiras. Algúns, como [[Jurge Habermas]] e [[Bruce Barry]], discutiron que a lexitimidade de estados modernos debe ser baseada nunha noción de [[dereito político|dereitos políticos]] para suxeitos individuais [[autonomíaAutonomía (filosofía e psicoloxía)|autónomos]]. De acordo con este punto de vista o estado non pode recoñecer a identidade étnica, nacional ou racial e debe preferibelmente reforzar a igualdade política e legal de todos os individuos. Outros, como [[Charles Taylor]] e [[William Kymlicka]] argumentan que a noción do individuo autónomo é ela propia unha [[construción cultural]], e que non é nin posíbel nin correcto tratar pobos como individuos autónomos. De acordo con esta opinión, os estados deben recoñecer a identidade étnica e desenvolver procesos nos cales as necesidades particulares de grupos étnicos posan ser levadas en conta no contexto dun estado-nación.
 
== Etnicidade ==