Diferenzas entre revisións de «Quattrocento»

m
arranxiño
m (Perspectiva (gráfica))
m (arranxiño)
'''Quattrocento''' é a denominación que adopta o [[Renacemento]] italiano do [[século XV]], por comeza-los anos en italiano como ''mile quattrocento'', o primeiro en darlle este nome foi [[Giorgio Vasari]] por volta do [[1570]]. O outro período do renacemento italiano é o '''[[Cinquecento]]''', no século XVI.
 
No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de [[Florencia - Firenze|Florencia]], eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o [[misticismo]] da [[Idade Media]], na cal o orde viña establecido desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os [[mecenas]], que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían ós artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron [[Cosme de Médicis|Cosme]] e [[Lorenzo de MédicisMédici]]; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.
 
Os novos valores estéticos requirían novos sistemas de representación, coa [[Perspectiva (gráfica)|perspectiva]] e o estudo das proporcións nun primeiro plano para representar a figura humana, principal obxectivo da representación artística.
109.554

edicións