Paisaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
traduzo de es:wiki
 
formato
Liña 1:
[[Ficheiro:Sasso lungo da passo pordoi.jpg|thumb|250px|Paisaxe. Sassolungo (Italia).]]
 
'''Paisaxe''' (extensión de terreo que se ve dende un sitio), é un concepto que se emprega de xeito diferente por varios [[campos de estudo]], aínda que todos os usos do termo levan implícita a existencia dun [[Suxeito (filosofía)|suxeito]] [[observador]] e dun [[obxecto]] observado (o [[Espazo xeográfico|terreo]]) do que se destacan fundamentalmente as súas calidades [[visual|visuais]] e [[Espazo (física)|espacial|espaciais]].
 
A paisaxe, como compoñente do [[medio ambiente]], é obxecto de [[área protexida|protección]] por parte de diversas leis e institucións nacionais e internacionais ([[UNESCO]] e [[Consello de Europa]]).
 
A '''paisaxe''', dende o punto de vista xeográfico, é o [[obxecto]] de estudo primordial e o [[Documentos para o estudo da Xeografía|documento xeográfico básico]] a partir do cal se fai a [[xeografía]]. En xeral, enténdese por paisaxe calquera área da [[Relevo terrestre|superficie terrestre]] produto da [[interacción]] dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no [[espazo (física)|espazo]]. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o [[espazo xeográfico]]. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Toda paisaxe está composta por [[elemento dun conxunto|elemento]]s que se artellan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: [[abiótico]]s (elementos non vivos), [[biótico]]s (resultado da actividade dos seres vivos) e [[Antropoxénico|antrópico]]s (resultado da actividade humana). Determinar estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da [[Metodoloxía|análise]] xeográfica.
 
Na [[bioloxía]], algúns conceptos empregan o termo '''paisaxe'''.
 
A '''paisaxe''', dende o punto de vista [[Arte|artística]], sobre todo [[arte de paisaxes|pictórico]], é a [[mapa|representación gráfica]] dun terreo extenso. Co mesmo significado utilízase o termo ''país'' (non debe confundirse co concepto político de ''[[país]]''). A paisaxe tamén pode ser o obxecto material a crear ou modificar pola arte mesma.
 
Na [[literatura]], a ''[[descrición]] da paisaxe'' é unha [[forma literaria]] que se denomina ''topografía'' (termo que tamén dá nome á ''[[topografía]]'' como [[ciencia]] e [[técnica]] que se emprega para a [[mapa|representación gráfica]] da [[Relevo terrestre|superficie terrestre]]). En construcións literarias e ensaísticas é habitual comparar a ''paisaxe'' coa ''veciñanza'' (de ''[[paisano]]''), é dicir, o [[Medio ambiente|medio]] cos [[Grupo social|grupos humanos]]
 
==Véxase tamén==
== =Ligazóns externas ===
{{commonscat|Landscapes}}
* [http://www.catpaisatge.net/esp/index.php Observatorio da paisaxe] {{catca}}
* [http://riublanc.com/flashroger/rbbook1.html Estudio sobre o macrourbanismo e as agresións ás paisaxe mediterránea] {{en}}
* [http://www.juntadeandalucia.es/cultura/iaph/paisajecultural/ Paisaxe Cultural. Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico] {{es}}
 
[[Categoría:Xeografía física]]
[[Categoría:Temas de arteArte]]
[[Categoría:Términos de xeografíaArquitectura]]
[[Categoría:Espazos naturais]]
[[Categoría:Ordenación do territorio]]
[[Categoría:Paisaxismo]]
 
[[ar:منظر طبيعي]]