Chinchilla de Montearagón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
Logo desta dominación, e baixo mandato de [[Fernando VII de España|Fernando VII]] adquiriu o título de Fidelísima sendo a capital da efémera provincia de Chinchilla ([[Trienio liberal|Trienio liberal de 1820]]) e recobrando o protagonismo de Cidade ata o 1823. Pero a represión absolutista de Fernando VII acaba con este breve paréntese liberal. Ao final, en 1833 a capitalidade recae sobre Albacete coa división de [[Javier de Burgos]]. Con todo, e nas [[Guerras Carlistas]], aínda sendo capital Albacete varias institucións como a Deputación resgardáronse no acubillo dos muros de Chinchilla de Monte-Aragón.
 
== Patrimonio artístico ==
[[Ficheiro:Plaza Chinchilla de Monte-Aragón.jpg|thumb|250px|Praza da Mancha]]
O centro da cidade é a Praza da Mancha na que se atopa o Concello, construído entre o [[século XVI]] e o [[século XVIII]] presidido polo busto de [[Carlos III de España|Carlos III]], a Igrexa Arciprestal Santa María do Salvador, edificada entre o [[século XV]] e o [[século XVI]] e a Torre do Reloxo.
 
*Praza Maior.
*Concello.
*Igrexa Arciprestal de Santa María do Salvador. No seu interior atópase a imaxe do século XIV da Virxe das Neves, Patroa da cidade.
*Castelo (de orixes árabes), símbolo da cidade.
*Murallas.
*Convento de Santo Domingo.
*Covas do Buraco.
*Baños árabes.
*Colexio Público "Alcalde Galindo".
*Museo de Cerámica española.
 
== Festividades ==
[[Ficheiro:Vista Chinchilla.JPG|250px|thumb|Vista da localidade]]
*Festas Maiores en honra á Virxe das Neves, semana do 5 de agosto.
*[[Semana Santa]], declarada en 2002 pola [[Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha]] de Interese Turístico Rexional.
*Soldadesca na honra da Virxe das Neves, Patroa da Cidade. Coincide sempre co terceiro Domingo de maio.
*San Antón, sábado e Domingo anterior ou posterior ao 17 de xaneiro.
*"Os mércores". Mércores de Cinza. Tradición recuperada a finais do século XX e que consiste na representación nas rúas do municipio de escenas cotiás onde os protagonistas son bonecos feitos polos habitantes de Chinchilla de Monte-Aragón.
*Santa Ana, 26 de xullo.
*Santo Domingo, primeira semana de agosto. O 4 de agosto ás 6 da mañá, tradicionais Salves a Santo Domingo.
*San Xián, último fin de semana de agosto.
*San Miguel, 29 de setembro.
*Xoves Lardero.
 
== Véxase tamén ==