Diferenzas entre revisións de «Castromao, A Veiga»

corrixo
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
(corrixo)
 
== Patrimonio relixioso ==
 
[[Ficheiro:Igrexia Asunción de María.jpg|miniatura|200px|Igrexa da Virxe da Asunción.]]
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu [[retablo]] é de finais do [[século XVI]] (renacentista), con grandes [[Columna (arquitectura)|columna]]s e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro [[Evanxeo|Evanxelista]]s, representados cos catro símbolos:
 
* [[Mateo o Evanxelista|San Mateo]]: Simbolízasesimbolízase cun [[Anxo (cristianismo)|anxo]] (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de [[Xesús]].
* [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]]: Simbolízasesimbolízase cun [[león]], porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
* [[Lucas o Evanxelista|San Lucas]]: Simbolízasesimbolízase cun [[Vaca|boi]] ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de [[Zacarías, Profeta|Zacarías]] no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
* [[Xoán o Evanxelista|San Xoán]]: Simbolízasesimbolízase cunha [[aguia]] e a mirada dirixida ao [[sol]] porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.
 
Estas esculturas son obra de [[Gregorio Español]], escultor dos séculos [[XVI]] e [[XVII]], autor de obras como o orocoro da [[Catedral de Santiago de Compostela]] e introdutor do [[manierismo]] en Galicia.
 
== Patrimonio histórico ==
 
[[Ficheiro:Fonte nevada.jpg|miniatura|200px|Fonte do Barrio.]]
Na parroquia de Castromao hai un xacementorecinto defensivo correspondente á [[Idade de Ferro]] ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro está situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas, e conta cun antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de leste a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foxo e parapeto.
 
== Patrimonio etnográfico ==
 
Fontes, lavadoiros, muíños, fornos e incluso forxas, son parte do patrimonio etnográfico relacionado coa forma de vivir das xentes de Castromao.
 
== Festas ==
 
As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.
 
58.729

edicións