Víctor Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Censura e exilio: Festival Internacional da Canção
Liña 52:
O [[13 de xuño]] Víctor Manuel e Ana Belén casan polo civil en [[Xibraltar]], pero non é unha voda válida.
 
O [[16 de setembro]] actúa en [[Brasil]], no [[Festival Internacional da Canção|Festival Internacional de RioRío de JaneiroXaneiro]], ao que acode representando a España xunto a [[Nino Bravo]]; Víctor interpreta o tema "Qué pena". Estrea a obra ''Ravos'' en México; o ministerio de información di en España que nela ultraxase a bandeira española. Aínda que era unha calumnia non lles deron oportunidade de defenderse. Vétanos en todos os medios e críbanos a críticas. Polo que pasan seis meses exiliados. Xa en [[1973]] poden aclarar o da obra e volver a España, onde ao chegar só son interrogados.
 
Farto da censura Víctor decide facer un disco con cancións populares asturianas, incensurables. Adáptaas ao seu estilo e crea o disco ''Verde''. Traballa tamén no primeiro disco de Ana, ''Tierra'', e en [[México]] saca un disco con temas como "No quiero ser militar" ou "Carta de un minero a Manuel Llaneza". Estrean a película ''Al diablo con amor'', pero un grupo de ultraderecha asalta o cine e teñen que retirala do cartel. Un ano máis tarde sae o disco ''Todos tenemos un precio''. Con cancións como "Qué pena" e "La alemana", empezando así a normalizar a súa vida artística.