Diferenzas entre revisións de «Nudez na arte»

[[Ficheiro:Folio 25v - The Garden of Eden.jpg|thumb|200px|''O Pecado e a Expulsión do Paraíso'', de ''[[As moi ricas horas do Duque de Berry]]'' (1416), [[Irmáns Limbourg]], [[Museo Condé]], [[Chantilly]].]]
{{AP|Arte medieval}}
A caída do [[Imperio Romano de Occidente]] marcou o inicio en [[Europa]] da [[Idade Media]], etapa de certa decadencia política e social, pois a fragmentación do imperio en pequenos estados e a dominación social da nova [[aristocracia]] militar supuxo a [[Feudalismo|feudalización]] de todos os territorios do antigo Imperio. O [[cristianismo]] impregnou a maior parte da produción artística medieval, na que se sucederon diversas fases: dende a [[arte paleocristiá]], pasando polo [[Arte prerrománica|prerrománico]], até o [[arte románicorománica|románico]] e o [[arte gótica|gótico]], incluíndo o [[Arte bizantinobizantina|bizantino]] e o dos pobos xermánicos.<ref>{{Harvsp|Azcárate Ristori|Pérez Sánchez|Ramírez Domínguez|1983|p=95.}}</ref>
 
Coa desaparición das relixións pagás perdeuse a maior parte do contido iconográfico relacionado co espido, que quedou circunscrito ás escasas pasaxes das [[Biblia|Sacras Escrituras]] que o xustificaban, como [[Adán e Eva]] no Paraíso ou o martirio e crucifixión de [[Xesucristo]]. Nos poucos casos de representación do espido son figuras angulosas e deformadas, afastadas do armonioso equilibrio do espido clásico, cando non son formas deliberadamente feas e maltreitas, como sinal do desprezo que sentía polo corpo, que era considerado un simple apéndice da alma.<ref>{{Harvsp|Sanmiguel|2000|pp=8-9.}}</ref> O período gótico supuxo un tímido intento de refacer a figura humana, máis elaborada e partindo dunhas premisas máis naturalistas, pero baixo un certo convencionalismo que suxeitaba as formas a unha rixidez e unha estrutura xeometrizante que supeditaba o corpo ao aspecto simbólico da imaxe, sempre baixo premisas da iconografía cristiá.<ref>{{Harvsp|Clark|1996|pp=297-298.}}</ref> O espido máis ou menos naturalista comezou a aparecer con timidez na [[Italia]] prerrenacentista, especialmente na obra de [[Nicola Pisano]], [[Giovanni Pisano]] e [[Giotto]].<ref>{{Harvsp|Aguilera|1972|p=101.}}</ref>
15.286

edicións