Diferenzas entre revisións de «Venus de Médici»

sen resumo de edición
 
A '''Venus de Médici''' é unha escultura helenística en [[mármore]] a escala real<ref>1,53&nbsp;m de altura.</ref> que representa á [[deusa]] [[mitoloxía grega|grega]] do [[amor]] [[Afrodita]]. Trátase dunha copia en mármore do [[século I a. C.|século I&nbsp;a.&nbsp;C.]], feita quizais en [[Atenas]], dun orixinal grego en [[bronce]], seguindo o tipo da [[Afrodita de Cnido]],<ref>[[#Bibliografía|Mansuelli (1958?1961)]].</ref> que sería realizada por un escultor na inmediata tradición de [[Praxíteles]], a finais do século. Converteuse nun dos puntos cruciais do progreso da tradición clásica occidental, cuxas referencias resumen os cambios de gusto e o proceso de investigación clásica.<ref>Este tema xeral trátase en [[#Bibliografía|Haskell e Penny (1990)]].</ref> Exhíbese na [[Galería Uffizi]], en [[Florencia]] (Italia).
 
==Orixe==
 
A deusa represéntase nunha pose fuxitiva e momentánea, coma se fose sorprendida no momento de emerxer do mar, ao que alude o golfiño aos seus pés, que non sería un apoio necesario para o bronce orixinal.
15.286

edicións