Fosfolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ro:Fosfolipidă
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
== Os fosfolípidos e a transdución de sinais==
Algúns tipos de fosfolípidos poden escindirse para orixinar produtos que funcionan como un [[segundo mensaxeiro]] na [[transdución de sinais]] na célula. Exemplos son a [[fosfatidilinositol (4,5)-bifosfato]] (PIP<sub>2</sub>), que pode ser escindida polo encima [[fosfolipase C]] en [[inositol trifosfato]] (IP<sub>3</sub>) e [[diacilglicerol]], os cales levan a cabo funcións de proteína G do tipo G<sub>q</sub> en resposta a varios estímulos, e interveñen en various procesos desde a [[depresión a longo prazo]] das [[neurona]]s<ref>{{cite journal |author=Se-Young Choi et al |title=Multiple Receptors Coupled to Phospholipase C Gate Long-Term Depression in Visual Cortex | journal=The Journal of Neuroscience |year=2005}}</ref> ata as vías de [[sinalización celular|sinalización]] [[leucocito|leucocitaria]] que se inician nos receptores das [[quimioquina]]s.<ref>{{cite journal |author=Darran G. Cronshaw et al |title=Evidence that phospholipase C-dependent, calcium-independent mechanisms are required for directional migration of T lymphocytes in response to the CCR4 ligands CCL17 and CCL22| journal=Journal of Leukocyte Biology |volume=79 |year=2006}}</ref>
 
Os fosfolípidos tamén interveñen en vías sinalizadoras das [[prostaglandina]]s como a materia prima usada polos encimas [[lipase]]s para producir os precursores das prostaglandinas. Nas plantas serven como a materia prima para producir [[ácido xasmónico]], unha [[hormona vexetal]] similar en estrutura ás prostaglandinas que median as respostas defensivas contra os [[patóxeno]]s.