Florbela Espanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: tet:Florbela Espanca
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: arranxiños
Liña 6:
Precursora do movemento [[feminismo|feminista]] en Portugal, tivo unha vida tumultuosa, inquieda, transformando os seus sufrimentos íntimos en poesía da máis alta calidade, cargada de erotización e feminidade.
 
Filla de Antónia da Conceição Lobo, empregada de João Maria Espanca, que non a recoñeceu como filla. Porén, con acoa morte de Antónia en [[1908]], João e a súa muller, Maria Espanca, criaron a meniña. O pai só recoñecería a paternidade moitos anos despois da morte de Florbela.
 
En [[1903]], Florbela Espanca escribiu a primeira poesía da que temos coñecemento, ''A Vida e a Morte''. Casou no día do seu aniversario, en [[1913]], con Alberto Moutinho. Concluíu un curso de Letras en [[1917]] e inscribiuse posteriormente para cursar Dereito, sendo a primeira muller en asistir a este curso na [[Universidade de Lisboa]].
 
Sufriu un aborto involuntario en [[1919]], ano enno que publicou o ''[[Livro de Mágoas]]''. É nesa época cando Florbela comeza a presentar síntomas máis graves de desequilibrio mental. En [[1921]] separouse de Alberto Moutinho, tendo que sufrir o prexuízo social que iso conlevaba. No ano seguinte casou por segunda vez con António Guimarães.
 
O ''[[Livro de Soror Saudade]]'' é publicado en [[1923]]. Florbela sufriu un novo aborto, e o seu marido pediu o divorcio. En [[1925]] casou por terceira vez, desta vez co médico Mário Pereira Lage. A morte do irmán, Apeles, (nun accidente de avión), aféctaa gravemente e inspíraa para escribir ''[[As Máscaras do Destino]]''.
 
Tentou o [[suicidio]] por dúas veces en outubro e novembro de [[1930]], na véspera da publicación da súa mellor obra, ''[[Charneca em Flor]]''. Tras diagnosticárselle un [[edema]] pulmonar, suicídase no día do seu aniversario, o [[8 de decembro]] de [[1930]]. ''Charneca em Flor'' sería publicado en xaneiro de [[1931]].
 
==Florbela Espanca por outros poetas==