Mala herba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
má>mala
Liña 1:
[[Ficheiro:Top view of a dandelion.JPG|right|thumb|O [[mexacán]] ou carrelo (''Taraxacum officinale'') é unha planta común en todo o mundo, especialmente en Europa, Asia e América. É considerada unha mala herba nalgúns contextos, por exemplo nos céspedes, mais non noutros, xa que pode ser usada como [[planta medicinal]] ou comestíbel en ensaladas, por iso tamén recibe o nome galego de leitaruga.]]
 
'''Mala herba''', '''herba adventicia''' ou '''herba daniña''' son termos que se refiren a toda [[planta]] que medra nunha leira agrícola ou xardín e non é apreciada ou querida nese lugar. A verba ''mala'' ou ''má'' ten connotacións despectivas e subxectivas, polo que ás veces é preferíbel empregar os sinónimos ''adventicia'' ou ''infestante''. As másmalas herbas forman o que se denomina '''maleza'''.
 
Algunhas plantas coma a [[avea común|avea]] eran orixinalmente herbas adventicias que medraban bravas nas leiras de trigo até ficaren finalmente domesticadas. Algunhas especies, coma as o xénero ''Lolium'' ou do ''Melilotus'' son infestantes, mais tamén se lles pode dar uso [[Forraxe|forraxeiro]].
 
Algunhas especies cultivadas coma o [[xirasol]] ou a [[pataca]] pódense comportar como másmalas herbas no caso de que nazan ou regromen ao ano seguinte no terreo no que instalemos un novo cultivo. Porén no caso xeral as másmalas herbas adoitan ser especies bravas e que producen danos económicos de importancia.
 
Normalmente o solo agrícola constitúe o denominado ''banco de sementes'' onde hai un alto número de sementes e partes vexetativas, moitas delas en estado de durmición e outras prontas a xermolar en canto teñan as condicións axeitadas. As sucesivas labradas que soen deixan o solo esfarelado tamén favorecen o desenvolvemento das herbas adventicias.
Liña 20:
 
== Danos que producen ==
*'''Na colleita''': As [[correola]]s do xénero "Convolvulus" enrédanse na maquinaria, as másmalas herbas, aínda verdes, poden humedecer a colleita facéndoa [[fermentación|fermentar]]. Os restos de adventicias na colleita deprecian o produto.
*'''Ocupan terreo''' e non deixan medrar a cultura, nalgúns casos por [[alelopatía]] puidendo chegar a asfixiala.
*'''Competencia''' pola auga, os nutrientes e a luz.
Liña 26:
 
==Papel na vexetación==
As herbas adventicias no terreo onde aparecen atraen e sosteñen unha gran variedade de organismos, incuíndo aqueles que regulan a densidade de másmalas herbas e a composición da flora adventicia. O último grupo inclúe hervíboros, granívoros e microorganismos. A predación que estes fan sobre as sementes reducen significativamente a entrada de sementes no banco do solo e, polo tanto, fan diminuir o uso de [[herbicida]].<ref>Paula Westerman European weed reseaarch society AbstractsUniversität Rostock 2007</ref>
 
== Control ==
[[Ficheiro:Trifolium repens macro.jpg|thumb|O [[trevo branco]] (''Trifolium repens'') considérase unha herba daniña nos céspedes, porén é apreciase coma fonte de forraxe, mel ou azote para o solo.]]
O control das másmalas herbas pódese facer tradicionalmente por medio de técnicas de tipo mecánico ben sexan manuais ou con maquinaria; utilizando rotación de cultivos, labrando uns días antes da sementeira para que saian as primeiras másmalas herbas e tornar a labrar para as eliminar. Tamén se pode cubrir o chan con materiais inertes tipo cobertor térmico ([[mulching]]) ou nalgúns casos poden usarse a auga ou os lumes controlados.
 
O uso de [[Herbicida|herbicidas]] é unha técnica máis moderna que require dun coidado moi especial na aplicación (ler ben as instrucións do fabricante do produto para evitar danos ao contorno e ás persoas).
A [[agricultura ecolóxica]] non fai uso de herbicidas de síntese e procura empregar as outras técnicas mencionadas.
 
== MásMalas herbas en Galicia ==
Innumerábeis especies poden ser consideradas herbas daniñas no agro e na xardinaría galega, dende [[fento]]s, [[silveira]]s até incluso árbores coma [[Eucalipto azul|eucaliptos]] ou [[Carballo común|carballos]].