Mala herba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Top view of a dandelion.JPG|right|thumb|O [[mexacán]] ou carrelo (''Taraxacum officinale'') é unha planta común en todo o mundo, especialmente en Europa, Asia e América. É considerada unha má herba nalgúns contextos, por exemplo nos céspedes, mais non noutros, xa que pode ser usada como [[planta medicinal]] ou comestíbel en ensaladas, por iso tamén recibe o nome galego de leitaruga.]]
 
'''Mala herba''', '''herba adventicia''' ou '''herba daniña''' son termos que se refiren a toda [[planta]] que medra nunha leira agrícola ou xardín e non é apreciada ou querida nese lugar. A verba "''mala"'' ou ''má'' ten connotacións despectivas e subxectivas, polo que ás veces é preferíbel empregar os sinónimos ''adventicia'' ou ''infestante''. As más herbas forman o que se denomina '''maleza'''.
 
Algunhas plantas coma a [[avea común|avea]] eran orixinalmente herbas adventicias que medraban bravas nas leiras de trigo até ficaren finalmente domesticadas. Algunhas especies, coma as o xénero ''Lolium'' ou do ''Melilotus'' son infestantes, mais tamén se lles pode dar uso [[Forraxe|forraxeiro]].