Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Fronteiras mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 4:
Un '''pasaporte''' é un [[documento de identidade]] emitido por un [[goberno]] nacional no que este recoñece formalmente ao portador coma [[nacional]] do [[Estado]] en particular e acredita o permiso ou autorización legal para saír ou ingresar no mesmo, polas [[fronteira]]s internacionais.
 
Os pasaportes están ligados ao dereito de protección legal no [[exterior]] e ao retorno do [[individuo]] ao seu [[país]] de orixe. O pasaporte xeralmente contén, para identificar o seu portador, algúns elementos comúns, a saber: fotografía, sinatura, data de nacemento, nacionalidade e algunhas veces outras informacións coerentescoherentes ao seu propósito. Moitos países están desenvolvendo propiedades biométricas para os seus pasaportes para confirmar con precisión que a persoa que o presenta é o seu lexítimo propietario.
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Passaporte português de 1927.jpg|miniatura|esquerda|Páxina interna de pasaporte portugués de 1927.]]
Unha das primeiras referencias aos pasaportes foi feita no [[-450]] por [[Neemias]], un oficial, ó servizo do [[Rei]] [[Artaxerxes I de Persia|Artaxerxes]] da [[Persia]] antiga, pediu permiso para ir a [[Tribo de Xudá|Xudá]]. O rei concedeullo e deulle unha carta destinada "aos gobernantes da provincia doutro lado do [[río]]" obrigando darlle seguridade, en canto estivese en terras estranxeiras.
 
A orixe do termo pasaporte é controvertido. Segundo algunhas fontes xurdiu en [[Francia]] durante o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], onde o [[soberano]] fornecía aos seus favorecidos [[carta]]s requirindo o tránsito dos portadores polos portos, tales misivas eran chamadas "Passe Port" que literalmente significa pasar por un porto no idioma [[lingua francesa|francés]], no cal, a palabra para pasaporte é passeport. Outros afirman que o termo é oriúndo da [[Idade Media]] cando documentos emitidos por autoridades locais pedían autorización para que os seus protexidos puideran pasar polas [[portas]] dos muros das [[cidade]]s. Tales documentos xeralmente contiñan unha lista de cidades entre as cales o seu portador podería circular. Independente da orixe do termo pasaporte, este, mantivo o formato de carta por un longo período e na ausencia de [[fotografía]]s, para a identificación, algúns contiñan descricións físicas do portador. Os primeiros pasaportes con fotografía xurdiron no inicio do [[século XX]].
 
Despois de cada unha das [[guerras mundiais, primeiramente a Liga das Nacións (conferencia internacional sobre pasaportes, formalidades aduaneiras e vistos, 1920), e máis tarde a [[ONU]] xuntamente coa OACI, organismo internacional regulador da aviación civil, emitirán unha guía para padronizar o formato e características inherentes aos pasaportes. Estas guías foron, en grande parte, as que orixinaron o formato actual dos pasaportes.
 
Recentemente está habendo un movemento para introducir, nos pasaportes, informacións biométricas, para mellorar a seguridade de identificación. Eses novos elementos aínda son cuestionados pola dificultade de ser implantados actualmente, pois a tecnoloxía existente aínda non satisfai os requirimentos relacionados co seu uso común. Os [[Estados Unidos de América|EUA]], por exemplo, por dúas veces adiaron a introdución da biometría, nos documentos de viaxe, debido a resultados insatisfactorios en probas realizadas.
Liña 144:
=== España e Xibraltar ===
 
O goberno da [[España]] ten adoptado unha política de non aceitaraceptar pasaportes británicos emitidos en [[Xibraltar]], baseado no feito de non considerar ao goberno da rexión coma unha autoridade legalmente emisora de tales documentos. Consecuentemente algúns cidadáns de Xibraltar foron rexeitados na fronteira de España ao portar estes documentos. Contodo, a palabra Xibraltar aparece baixo das palabras Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte, coma en pasaportes doutras colonias británicas.
 
=== Tonga ===