República de Artsakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 66:
 
=== Época soviética ===
Despois da [[Revolución rusa de 1917]], Nagorno Karabaj pasou a formar parte da [[República Democrática Federal de Transcaucasia]], a cal se dividiría en tres repúblicas: [[Armenia]], [[Acerbaixán]] e [[Xeorxia]]. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do [[Imperio otomán]]. En [[1917]], logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de [[Shusha]], iniciou un rápido crecemento demográfico veloz.
 
En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera [[URSS|soviética]], tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a [[Unión Soviética]] tamén tiña plans con respecto a [[Turquía]] para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabaj foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.