República de Artsakh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 58:
 
Nagorno-Karabakh é ás veces chamado polos seus habitantes armenios Artsakh (en armenio: Արցախ), o nome da décima provincia do antigo [[Reino de Armenia]]. En inscricións [[Urartu|urarticas]] ([[século -IX|séculos IX]] a [[século -VII|séculos VII  a.C.]]) usábase para denominar á rexión o nome de Urtekhini. En [[lingua grega antiga|grego antigo]] algunhas fontes chaman á zona ''Orkhistene''.
 
== Historia ==
{{VT|Alto Karabakh}}
Nos [[século VII|séculos VII]] e [[século VIII|VIII]], esta rexión, historicamente habitada por [[Armenia|armenios]] e [[Albania|albaneses]] [[Cáucaso|caucásicos]], foi invadida polos [[Arabia|árabes]], converténdose certa parte da poboación ao [[islam]]. No [[século XV]], o territorio de Karabakh formou parte dos estados turcos de Karakoyunlu primeiro, e Akkoyunlu máis tarde. A comezos do [[século XVI]] o poder pasou a unha dinastía [[Irán|iraniana]], que creou a provincia de Ganja-Karavakh.
 
En [[1813]], a través do Tratado de Gulistán, pasou formar parte do [[Imperio Ruso]]. A esta rexión posteriormente chegaron moitas familias armenias provenientes de [[Persia]] (actual [[Irán]]) logo da sinatura do Tratado como resultado das políticas migratorias de Rusia.
 
=== Época soviética ===
Despois da [[Revolución rusa de 1917]], Nagorno Karabaj pasou a formar parte da [[República Democrática Federal de Transcaucasia]], a cal se dividiría en tres repúblicas: [[Armenia]], [[Acerbaixán]] e [[Xeorxia]]. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do [[Imperio otomán]]. En [[1917]], logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de [[Shusha]], iniciou un crecemento demográfico veloz.
 
En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera [[URSS|soviética]], tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a [[Unión Soviética]] tamén tiña plans con respecto a [[Turquía]] para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabaj foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.
 
=== Guerra e independencia ===
Coa [[disolución da Unión Soviética]] en [[1991]], reabriuse o debate sobre o futuro da rexión. Crendo que se puxo un plan para difundir a cultura acerbaixana na rexión, os habitantes de etnia armenia, apoiados [[Armenia|polo seu país]], crearon un movemento para a unión co mesmo. En novembro de 1991, trala declaración de secesión dos armenios de Karabakh, o parlamento de Acerbaixán decidiu quitar a autonomía á rexión, o que levou a celebración dun [[referendo]], con resultado da declaración de independencia. A espiral de enfrontamentos levou a accións violentas e masacres contra armenios que residían noutras rexións de Acerbaixán, tales como Sumgait e [[Bakú]]. Desta forma comezou a guerra entre Acerbaixán e Armenia, apoiada por [[Rusia]].
 
[[Categoría:Nagorno-Karabakh]]