Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
engado algo de etimoloxía
Elisardojm (conversa | contribucións)
engado información de es.wiki, pt.wiki e fr.wiki e imaxes
Liña 8:
O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', topónimo da localidade de [[Tarascon-sur-Ariège]], en [[Ariège]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]].
 
== LendaLendas ==
=== A Coca de Redondela ===
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.
 
Liña 20 ⟶ 21:
|isbn = ISBN 84-8302-363-6
}}</ref>
 
=== A tarasca ===
[[Ficheiro:Old postcard of Saint Martha celebration in Tarascon.jpg|miniatura|A tarasca de Tarascón levada cunha cinta por unha peqena Santa Marta.]]
Según conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Según se conta era unha especie de [[dragón]] con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cunha de sapoconcho na súa espalda e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun [[escorpión]]. A súa cabeza era coma a dun [[león]] con orellas de [[cabalo]].<ref>Légende dorée, [http://abbaye-saint-benoit.ch/voragine/tome02/106.htm Sainte Marthe], traduction Roze, tome 2, 1902 {{fr}}</ref>
 
[[Ficheiro:Abellon-Mag2.jpg|miniatura|Santa Marta e o dragón, atribuído a André Abellon, pintor dominico. Igrexa de María Magdalena en [[Saint-Maximin-la-Sainte-Baume]], [[Var (departamento)|Var]] ([[Francia]]).]]
O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e convirteu a moitos deles ó [[cristianismo]]. Arrepentidos de dar morte ó domado monstruo, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.
 
Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola [[UNESCO]] como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado ''Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.<ref>[http://www.unesco.org/culture/ich/index.php?lg=es&RL=00153 Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia] {{es}}, {{fr}}, {{en}} e {{ar}}</ref>
 
== Notas ==